top of page

A Garda Civil desarticula un grupo criminal dedicado a roubos contra o patrimonio

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Levouse a cabo a detención dos seus seis compoñentes, decretando o Xuzgado de Instrucción número Dous de Lalín o ingreso en prisión de catro deles


Ecos da Comarca/Xeral

A Garda Civil no marco da operación conxunta levada a cabo polas Unidades Orgánicas da Policía Xudicial das Comandancias de Pontevedra, A Coruña e Lugo, desarticulou un grupo criminal dedicado á comisión de roubos con forza en domicilios, establecementos comerciais de todo tipo, talleres de vehículos e centros de ensino.

A investigación iniciouse no mes de novembro de 2024, cando se constatou unha serie de delitos de roubos en distintas localidades o que provocou unha gran alarma social. Os membros deste grupo actuaban sempre de madrugada, fracturando de forma violenta as portas de acceso aos inmobles durante a madrugada, sempre encapuchados, utilizando para os seus desprazamentos vehículos previamente substraídos, apoderándose das caixas rexistradoras e obxectos de valor nos domicilios.

Os detidos tiñan unha ampla experiencia neste tipo de roubos con forza, tras ser detidos con anterioridade pola comisión de feitos similares, o que dificultou excesivamente a súa desarticulación. O día 15 de xaneiro os axentes culminaron a investigación, tras unha ola de roubos producidos na provincia de Lugo en localidades como Mondoñedo e Meira, logrando a súa identificación e procedendo á detención de seis persoas de nacionalidade española, como presuntos autores dos feitos investigados.


Así mesmo efectuáronse catro rexistros domiciliarios na Coruña, e dous na localidade de Carballo, onde se recuperaron gran cantidade de obxectos substraídos, en diferentes establecementos e domicilios, entre os que se atopaban computadores portátiles e pizarras electrónicas subtraídas en centros escolares.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Finalizada a operación, desarticulouse este grupo criminal, coa detención dos seus seis compoñentes, decretando o Xulgado de Instrución número Dous de Lalín o ingreso en prisión de catro deles. A complicada investigación que culminou coa desarticulación deste grupo criminal produciuse grazas á coordinación das diferentes Unidades de Policía Xudicial das Comandancias de Pontevedra, Lugo e A Coruña.

0 comentarios

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page