top of page

A Garda Civil de Melide pide a colaboración cidadá para dar co dono de dúas radiais que foron roubadas e recuperadas recentemente

Ecos da Comarca/Melide

A Garda Civil do Posto de Melide pide a colaboración cidadá para dar co propietario destas dúas radiais que foron roubadas e recuperadas recentemente.

As radiais recuperadas pola Garda Civil.

"Trátase de dúas radiais, unha da marca Bosch e outra Makita, substraídas en xaneiro e recuperadas onte", informa a Benemérita.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Ademais a Garda Civil recalca que os veciños revisen nas súas propiedades, "porque o suposto ladrón aproveita nos lugares que están abertos, polo que igual o seu propietario non se percatou aínda do roubo".


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Prégase difusión e se algunha persoa ten algunha información rógase que contacte co cuartel da Garda Civil de Melide.



Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page