A Garda Civil de Cruces e Lalín investiga a un home por un suposto delito de tráfico de drogas
- ecosdacomarca

- hace 5 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Deza
A Garda Civil de Vila de Cruces e Lalín investigan a un home de 28 anos, veciño de Ourense, como presunto autor dun suposto delito contra a saúde pública na súa modalidade de tráfico de drogas.

O día 23 de febreiro efectivos do Posto da Garda Civil de Vila de Cruces xunto con efectivos do Posto Principal de Lalín realizaban un dispositivo operativo rutineiro na peaxe da AP-53 ao seu paso pola localidade de Silleda.
Publicidade
O condutor demostra unha actitude de nerviosismo ante a interacción cos axentes, motivo que leva á súa identificación, así como a comprobación do habitáculo, atopando baixo a alfombra do condutor unha bolsa plástica transparente pechada hermeticamente, contendo no seu interior tres paquetes de cor marrón.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Realizadas as pertinentes comprobacións da substancia, trátase de 307 gramos de haxix, o cal se chegase ao mercado tería un valor aproximado de máis de 2.000 euros. Polos feitos descritos procédese á investigación do condutor do vehículo, un home de 28 anos como presunto autor dun delito contra a saúde pública na súa modalidade de tráfico de drogas. As dilixencias foron remitidas ao Tribunal de Instancia Sección Civil e de Instrución Praza Nº 1 de Lalín.







Comentarios