A Garda Civil alerta dunha nova estafa vinculada coas compañías eléctricas
- ecosdacomarca
- hace 5 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
A Garda Civil investiga na provincia de Lugo o método do “vishing”, unha modalidade de enxeñería social que consiste en realizar chamadas telefónicas suplantando a persoas de compañías eléctricas.

Publicidade
Durante a chamada, advirten dunha suposta débeda impagada, real ou ficticia, que debe ser abonada de inmediato. Para exercer presión, ameazan cun corte inmediato da subministración eléctrica se non se realiza o pago mediante transferencia bancaria urxente.
Publicidade
En moitos casos, os estafadores achegan datos falsos pero verosímiles, como referencias de facturas ou cifras concretas para dar credibilidade ao engano. Considérase unha estafa de Alto Risco. Son estafas dirixidas e planificadas, onde previamente recompilaron información do negocio escollido como potencial vítima. Execútanse en momentos de alta tensión e actividade, dificultando a capacidade de reacción da vítima, utilizando para iso avanzadas técnicas de enxeñería social. A súa estratexia baséase no medo ao prexuízo económico inmediato (ex. alimentos perecedoiros ou perdidas de clientes).
Comments