A galaica Patricia Varela consegue un primeiro posto no trail Cova da Bruxa disputado en Muros
- ecosdacomarca
- 29 mar 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Deza
O equipo do GTR Galaiaco Trail Run desprazouse a Muros a disputar a proba de trail da Cova da Bruxa, a cal consistía de dúas distancias de 24 e 16 quilómetros. Volveu para a casa cun primeiro posto e con moi bos resultados.

Na distancia longa de 24 quilómetros o corredor Salvador González foi o mais rápido dos galaicos en traspasar a liña de meta cun posto 18° na xeral seguido de Patricia Varela que se alza co primeiro posto; Cristóbal Dafonte entra no posto 29° da xeral; Olaia Conde que lonxe de descansar tras gañar a maratón da semana pasada, entra nun posto 2° da súa categoría e Juan Varela nun posto 53° da xeral.
Na distancia curta de16 quilómetros, Fátima Nogueira foi a máis rápida das galaicas entrando 2°da súa categoría; Enara Fernández logra un 4° da sua categoría e Lucía Fernández, un 5° posto da sua categoría. No cadro masculino Emilio Trabajo entra nun posto 100° da xeral cun alto nivel en participación.
"Gran papel do equipo galaico nas distintas distancias da proba do concello a de Muros", recalca o clube.
Comments