top of page

A galaica Alina Cimpean acada o segundo posto veterán no Campionato Kilómetro Vertical

Ecos da Comarca/Deza

A corredora do Gtr Galaico Trail Run Alina Cimpean acada o segundo posto veterán no Campionato Kilómetro Vertical. "Parou o crono nun tempo de 1:07 a subida do Kv de Formigueiros, no Folgoso do Courel, alcanzando un segundo posto na súa categoría", sinala o clube dezá.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Sen embargo, sinala que "o corredor máis rápido do equipo foi Juan Ramón Gómez Novoa, que percorría os 4km con +1000 positivos nun tempo de 55:36, seguido de Jose Manuel Gómez con 59:05 e Jose Manuel Porral que o facía en 1:05".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os galaicos quedaron ás portas de lograr un terceiro posto por equipos, pero moi satisfeitos coas sensacións en carreira a pesares da calor que sufriron.


En Vigo, entre os 5000 corredores da Vig-Bay, representaron ao equipo Patricia Montoto, David Domínguez e Enrrique Rojo.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page