top of page

O IES Marco do Camballón de Cruces gaña o Certame Provincial de Regueifa Escolar

hace 3 minutos
1 min de lectura

Laura Moure/Vila de Cruces

Este venres 13 de novembro, o alumnado do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces gañou o Certame Provincial de Regueifa Escolar, celebrado no Centro Cultural de Valadares, en Vigo.

 PUBLICIDADE

O alumnado do instituto cruceño, que conta cunha materia optativa de "Regueifa e improvisación oral en verso" e mais un Clube de Regueifa que se reúne semanalmente, leva participando dez anos neste certame da provincia de Pontevedra.


Nesta edición, 11 alumnas e alumnos do Camballón participaron con máis de noventa regueifeiros de toda a provincia conseguindo clasificar seis para a semifinal. As regueifeiras do Camballón, Vera Cereijo Iglesias, Pedro Brea Louzao, Carlota Fernández Brea, Eva García Taboada, India García Lorenzo, Hugo Riádigos, Marta Collazo, Unai Vázquez Ela, Susana Fernández Nieto, Arantza Pulido Guevara e Delia Permuy Ríos clasificáronse para a semifinal. Ademais, na final participaron India e Hugo. 

O premio, unha rosca de cinco quilos, foi entregada ao Camballón polos regueifeiros Pinto de Herbón e Luis o Caruncho.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Durante a saída escolar, o alumnado das Cruces visitou as instalacións da acampada de Vigo en favor dunha vivenda digna onde, á parte dun pequeno coloquio, tamén houbo regueifa.


Por outro lado, este luns 16, un grupo de seis alumnas viaxarán a Xinzo de Limia para impartir dous obradoiros de regueifa nos institutos da vila ourensá. E o alumnado do Camballón xa está a preparar a IV edición do Regueifa Tour que se celebrará durante o Nadal nas Cruces.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page