top of page

A Fundación Neira Vilas de Vila de Cruces, recoñecida cos Premios Alecrín

Laura Moure/Vila de Cruces

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destacou este mércores durante o acto de entrega dos Premios Alecrín, outorgados pola Federación de Entidades Culturais Galegas en Cataluña (Fegalcat) e celebrados na Azucreira de Portas, a “defensa dunha provincia extraordinaria como é Pontevedra” e que só é posible “pola xente que a vive mesmo sen vivir fisicamente nela, pero si en espírito, como facedes vós”, demostrando desde Cataluña “por que a emigración e Galicia son dúas ideas que conviven en tan perfecta harmonía”, sinalou o presidente.

“Vós levades o sentidiño a Cataluña e traedes algo de seny a Galicia”, asegurou Luis López, que engadiu que “os galegos demostramos que as identidades non son excluíntes: pódense sumar e, así, somos galegos, españois, europeos e temos moito que ver con Hispanoamérica”.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Durante o acto o presidente entregou o galardón no eido da programación musical a Joaquín Martínez Silva (Kin), director de Esmerarte Industrias Creativas. Luis López puxo en valor as figuras da provincia que foron recoñecidas: a Fundación Xosé Neira Vilas de Gres, Vila de Cruces; o presidente da Federación Española do Fútbol, Rafael Louzán, a Fundación Manolo Paz, o actor Carlos Blanco, o mestre campaneiro José Enrique López Ocampo, o CEO de BIRDMIND, David Camba, a Banda de Música de Lantaño, o Grupo de Gaitas Domingo Fontán e Esmerarte, que o presidente da Deputación lembrou que é “a empresa encargada das pezas audiovisuais para a promoción turística da provincia”. Luis López destacou entre elas a campaña de 2025, Cando volves?, un lema que “seguro que moitos de vós escoitastes algunha vez dalgún ser querido”.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

O presidente asegurou que “todos eles son unha mostra do enorme patrimonio cultural que atesouramos na provincia, e que na Deputación custodiamos, difundimos e promovemos”.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Luis López tamén recoñeceu o labor de Fegalcat por “fomentar a nosa cultura alén das nosas fronteiras” e tamén por “abrir as portas á cidadanía catalá a que coñeza, comparta e namore dos elementos que conforman a identidade dos galegos”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page