top of page

A Fraternidade Internacional del Camino de Santiago mostra o seu rexeitamente a Altri en Palas de Rei

Foto del escritor: Laura Moure / IsmaelRSLaura Moure / IsmaelRS

Laura Moure/IsmaelRS/A Ulloa

A Fraternidade Internacional del Camino de Santiago (FICS) mostra o seu rexeitamente ao proxecto de Altri en Palas de Rei. Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, a FICS, apoiada por outras organizacións convocou una rolda de prensa este mércores en Santiago de Compostela baixo o lema Na defensa do Patrimonio Material, Inmaterial e Natural del Camiño de Santiago na que se pronunciaron sobre este asunto.

Asistentes á rolda de prensa onte en Santiago. Autor: Ecos da Comarca.

Interviron Xosé Manuel Pérez, da Plataforma Ulloa Viva; Isabel García, voceira da Plataforma Mina de Touro-O Pino Non; Pedro de Llano, da Asociación de Veciños Angueira de Castro; Miguel Ángel Rodríguez, presidente da Asociación Galega de Albergues Privados (Agalber); Plácido Lizancos Mora, exdirector daa Escola Técnica de Arquitectura da Coruña e José Antonio de la Riera, fundador de Fraternidad Internacional del Camino de Santiago.

Participantes sen presencia física, pero con adhesión firmada: Camiño Francés Federación, é dicir as asociacións de Saint Pied de Port, Jaca, Zaragoza, Roncesvalles, Pamplona, Puente la Reina, Estella, Los Arcos, Logroño, Santo Domingo de la Calzada, Burgos, Palencia /Carrión de los Condes, Sahagún, Mansilla de las Mulas, León, Astorga, El Bierzo, Sarria, y la propia FICS. E sete asociacións brasileiras: ACACS – SP – Associação de Confrades e Amigos do Caminho de Santiago de Compostela. AACS – Brasil – Associação Brasileira dos Amigos do Caminho de Santiago.ABACS – BA – Associação Bahiana dos Amigos do Caminho de Santiago. ACASARGS – Associação dos Amigos de Santiago de Compostela do Estado do Rio Grande do Sul. ACACSC – SC – Associação Catarinense dos Amigos do Caminho de Santiago de Compostela. AGAPE CASC – Associação Goiana dos Amigos Peregrinos do Caminho de Santiago de Compostela. Associação Paranaense dos Amigos do Caminho de Santiago de Compostela – Curitigrinos. Confraria do Glorioso Apóstolo Santiago do Rio de Janeiro – RJ.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Comunicado da Plataforma Mina de Touro-O Pino Non

Tras a rolda de prensa a Plataforma Mina de Touro-O Pino non enviou o seguinte comunicado:

"No día do medio ambiente participamos na convocatoria realizada pola Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago- FICS- que tivo lugar en Santiago na sede do Centro

Internacional de Prensa de Galicia. A FICS tivo un papel fundamental nas alegacións e informes que realizou contra o proxecto de reapertura da mina de Touro hai xa seis anos e que finalmente obtivo unha DIA- Declaración de Impacto Ambiental- desfavorable en xaneiro de 2020.


Neste momento participamos en apoio á Plataforma Ulloa Viva que lidera o movemento contra a instalación dunha macrocelulosa no corazón da Ulloa, en Palas de Rei, e menos de 2 quilómetros do Camiño de Santiago. Son moitas as similitudes deste proxecto co da reapertura da mina en Touro. Estamos a falar dunha macro fábrica entre o Camiño Francés e a ribeira do río Ulla, con emisións de xofre, óxidos de xofre, óxidos de nitróxeno, monóxido de carbono e material particulado no aire ao redor do Camiño, centos de camións de gran tonelaxe transportando residuos, material químico ou explosivo todos os días do ano as 24 horas do día, ao lado do Camiño, das poboacións; polvo en suspensión sobre os campos, hortas, produccións agrarias, poboación; ruido no medio dun entorno rural, unha fábrica en terreos agrarios, rural non é solo industrial; contaminación lumínica e sonora nun entorno de rede Natura e de tranquilidade para o camiñante, xa non falamos solo da afección ás cuncas visuais, que tamén, ou das obras para o traslado das liñas eléctricas para suministro á fábrica. Todas elas similitudes co que se proxectaba para a reapertura da mina, e que quenes non habitan estas terras ou camiñan, traballan e disfrutan delas non alcanzan a entender onde está a afectación ao Camiño.


Toda esta afección ao lado do Patrimonio Mundial: Camiño de Santiago nas rutas do Camiño Francés e do Camiño Primitivo polo que transcorren ao longo do ano máis de duas cental mil persoas de diversas nacionalidades, 2000 metros non son tanta distancia para non sufrir estes inconvintes, - se medimos en liña recta é a distancia que vai de San Caetano ao final do Parque da Alameda en Santiago, ou dende o Estanque do Retiro ata a praza Maior en Madrid, non sabemos que opinarían de instalar nalgún deses parques unha mina a ceu aberto ou unha macrocelulosa- .


Cando un lugar é inscrito na Lista de Patrimonio Mundial, é por unha serie de criterios que

atestiguan o seu Valor Universal Excepcional, un valor que trascende as fronteiras nacionais para ser recoñecido mundialmente. Estes valores foron recollidos na Declaración de cada ben Patrimonio Mundial, e son os mesmos que deben ser preservados nas mellores condicións posibles e difundidos para o seu coñecemento e disfrute pola sociedade. Nin a fábrica de celulosa que queren instalar en Palas de Rei, nin a repertura da mina en Touro respetan ditos valores.


Priorizar estes proxectos nestas comarcas sobre os proxectos industriais e económicos existentes é un atentado á economía das comarcas do centro de Galicia, que son despensa de alimentos, que aportan á economía e xeran emprego a través das industrias agroalimentarias, forestal de alto valor autóctono e todos os servicios que ao redor destas insdustrias se xeneran, diversificando a economía de maneira sostible e respetuosa co medio, co patrimonio e coas persoas que teñen o seu proxecto de vida asentado; non menor debemos suliñar a actividade económica vinculada ao Camiño de Santiago, a que máis xeneradora de economía nas zonas rurais que exite en Galicia e en especial no tramo do Camiño Francés asegurando actividade económica e pymes e autónomos durante prácticamente todo o ano (albergues, aloxamentos, comercios, alimentación, transporte, mensaxería, pensións, hoteis, restaurantes, casas de comidas, bares, cafeterias, supermercados, guias de turismo, actividades de ocio e deporte, promoción dos concellos de interior ...).


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Non alcanzar a comprender o gravísimo impacto, negativo e destructivo, que suporía sustituir esta actividade, diversa e sostible, polo monopolio en máns de dous, é regalar a nosa terra ao mellor postor, pasando por enriba dos verdadeiros propietarios que durante xeracións a levan preservando e creando economía e emprego, nestas comarcas non existe prácticamente desemprego e diariamente se están a ofrecer postos de traballo.


En Touro e O Pino o proxecto mineiro foi denegado fai catro anos, a empresa recurriu esa decisión e sigue insistindo aos medios de comunicación e inversores que o proxecto Touro será unha realidade, a realidade é que a decisión última será a do Tribunal Superior de Xustiza a quen recurriu a negativa aos seus planes, pero a realidade tamén é que nin en Touro as augas foron restauradas, a derradeira denuncia con multa de Augas de Galicia máis recente é de maio, nin o proxecto é aceptado pola poboación, igual que lle acontece ao proxecto Gama da macrocelulosa en Palas de Rei. O Camiño e o río Ulla ten en nós quen os protexa, porque tan importante como decir sí ás oportunidades é saber decir NON ás ameazas e as mentiras, a licencia social non está en venta".

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page