A forte e anticipada estiaxe do río Deza
- ecosdacomarca

- hace 1 día
- 2 min de lectura
Artigo do xeógrafo lalinense Antonio Presas
Antonio Presas/Deza
A FORTE E ANTICIPADA ESTIAXE DO RIO DEZA

O hidrograma (gráfico co caudal diario dun río ao longo dun ano) do río Deza, aforado en Ponte Cira, moi cerca da súa desembocadura no Ulla, amosa, neste ano 2026, unha situación moi preocupante e iso queda moi be reflectado, non só na evolución do hidrograma, senón tamén no adianto dos caudais mínimos de estiaxe, que podemos estimar en máis de dous meses.
PUBLICIDADE
Aquí están as referencias:
- Caudal medio do río Deza o 31 de xullo de 2025: 2,063 m3/segundo
- Caudal medio do río Deza o 31 de xullo de 2026: 1,137 m3/segundo

Isto quere decir que o ano pasado por estas datas (31 de xullo) o río Deza presentaba un caudal case o doble do actual.
- Caudal medio do río Deza o 17 de outubro de 2025: 1,174 m3/segundo. En consecuencia, o río Deza leva, a finais de xullo, a mesma cantidade de auga que levaba o ano pasado durante a primeira quincena de outubro e iso significa que a súa estiaxe máis baixa leva un adianto de dous meses e medio.
PUBLICIDADE
Todos estes datos non son nada tranquilizadores, porque son unha clara manifestación do que está a suceder e son o preludio dunha situación cada vez máis crítica, por iso todas as medidas que se adopten para control do malgasto da auga son unha necesidade imperiosa. O concello de Lalín, con toda razón, acaba de pedir a todos os veciños que colaboren, voluntariamente, na reducción do consumo de auga, apelando a súa "boa vontade".
PUBLICIDADE
O caudal de un río manifesta, de forma moi precisa, o que sucede dentro da súa conca fluvial, non só de forma anual, senon, tamén interanual, cando dispoñemos de rexistros suficientes. Un caudal tan baixo como actual e non propio desta época, estanos a indicar que unha gran cantidade de manantiais están a desaparecer ou a reducirse a mínimos e que o nivel de auga nos vellos pozos artesanais, "feitos á man", tamén se atopa moi baixo.
PUBLICIDADE
Non podemos ser futurológos, pero non fai falta ter grandes dotes de adivinación sobre o que vai a suceder, porque parece que todo está ben cantado.
Antonio Presas, xeógrafo lalinense










Comentarios