top of page

A firma lalinense Inasus cumpre 55 anos "sendo unha industria forte, sostible e repartida polo territorio"

Ecos da Comarca/Lalín

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, participou onte en Lalín na celebración do LV aniversario de Inasus, onde defendeu unha Galicia vertebrada, cunha industria forte, sostible e repartida por todo o territorio, como é o caso da empresa dezá.


Rueda aproveitou o acto para poñer en valor o peso do sector do metal na economía galega. Recordou que en 2024 o número de empregados neste ámbito aumentou un 3% ata superar os 60.000, e que a facturación medrou un 10% alcanzando os 18.500 millóns de euros, o 19% do PIB galego. Salientou ademais que detrás das cifras hai empresas como Inasus, que permiten que Galicia sexa recoñecida pola excelencia dos seus produtos nos mercados internacionais. 

ree


O presidente garantiu que a Xunta seguirá acompañando ás entidades galegas a través da colaboración público-privada, imprescindible para o futuro industrial. Lembrou que o metalmecánico foi declarado sector estratéxico, e anunciou que nos próximos meses se presentará o plan director, elaborado en diálogo permanente cos axentes do sector. Este documento, explicou, será clave na nova estratexia industrial de Galicia, que busca ofrecer seguridade xurídica e apoio ás empresas, ademais de contar cun mapa detallado e actualizado do tecido produtivo e das súas necesidades.


Rueda referiuse tamén a un dos grandes retos da industria: a cobertura de vacantes e a falta de man de obra cualificada. Neste senso, destacou as medidas impulsadas pola Xunta, como a modernización do Servizo Público de Emprego, que permitiu ofrecer o perfil competencial de preto de 75.000 persoas en menos dun ano e medio; a aposta por unha formación máis flexible e adaptada ás necesidades reais das empresas; a colaboración cos clústeres e entidades sectoriais, que na última convocatoria permitiu formar a máis de 17.000 persoas; ou o programa Retorna Cualifica Emprego, que xa facilitou a contratación de máis de 320 galegos de 20 países en sectores estratéxicos.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Galicia Calidade

Destacou a traxectoria desta empresa familiar como un referente internacional no deseño, fabricación e execución de fachadas, e como un dos mellores expoñentes da marca Galicia no mundo.


O xefe do Executivo autonómico fixo referencia a todas as empresas galegas “que comezaron humildemente e agora son enormes”. Ademais subliñou que Inasus simboliza a combinación perfecta de raíces e modernidade, ao manter a esencia dunha empresa familiar que medrou con esforzo e constancia e, ao mesmo tempo, ao proxectarse internacionalmente coa innovación e a sustentabilidade como sinais de identidade. Subliñou que este é tamén o modelo que Galicia precisa para avanzar cara a unha industria forte, competitiva, respectuosa co entorno, aberta ao mundo e fondamente vencellada ao territorio, “unha Galicia vertebrada que precisa industrias fóra dos grandes núcleos de poboación”.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O titular do Goberno galego subliñou que Inasus representa un modelo de crecemento sólido baseado na innovación, na sustentabilidade e no compromiso co territorio, cun equipo de máis de 200 traballadores que reflicte o espírito emprendedor do Deza.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page