A Festa da Fartura de Rodeiro fai unha pausa indefinida tras anos de celebración
- ecosdacomarca

- 4 may
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Rodeiro
A organización da Festa da Fartura e da Feira Camba Sustentable de Rodeiro anunciou este luns que este ano non se celebrará esta cita, que ten lugar no mes de xullo. "A Festa da Fartura entra nun parón indefinido tras anos de celebración e encontro", sinala.

"A Festa da Fartura, unha cita que durante estes anos se consolidou como espazo de convivencia, promoción da gastronomía e celebración da identidade local. Ao longo das súas edicións, a Festa da Fartura foi posible grazas ao compromiso colectivo e converteuse nun punto de encontro para veciños, veciñas e visitantes, fomentando a participación social e o valor das tradicións", destaca.
PUBLICIDADE
Desde a organización explícase que esta decisión non responde a un adeus definitivo, senón á necesidade de facer unha pausa para reflexionar, avaliar o camiño percorrido e analizar con calma o futuro do evento, tendo en conta as circunstancias actuais.
A organización quere aproveitar a comunicación para agradecer publicamente o esforzo e a implicación de todas as persoas colaboradoras, así como o apoio do público participante, que fixeron posible que a Festa da Fartura chegase a ser o que foi ao longo dos anos.
PUBLICIDADE
"A lembranza da Festa da Fartura queda presente como parte da memoria colectiva, á espera de tempos e condicións que permitan, se así se considera, retomar esta celebración".








Comentarios