top of page
Perruquería Marisa.gif

A Festa da Empanada da Bandeira anuncia os prezos das mesas para a gran cea de peñas

As persoas asociadas pagarán un total de 25 euros por cada mesa (con capacidade para 10 persoas), mentres que os non socios deberán aboar 35 por mesa


Laura Moure/Silleda

A directiva da Asociación Amigos da Empanada presentou os prezos das mesas para a gran cea de peñas para este ano 2022, coa novidade de que os socios non contarán con dúas mesas gratuítas senón cun gran desconto en cada mesa, así como unha redución na súa cota anual, que pasa de 35 a 20 euros por ano.

O obxectivo desta modificación na figura dos socios, é lograr unha maior capacidade económica na asociación, gran prexudicada nos últimos anos polo encarecemento dos prezos. Andrés Seoane, presidente de Amigos da Empanada, apunta que "en xeral, os socios e socias comprenden a necesidade da medida e están a mostrarnos o seu apoio, o que nos dá moita máis forza para continuar a traballar nun completo programa cultural, musical e gastronómico anual, que vai moito máis alá da propia Festa da Empanada de agosto".

As persoas asociadas pagarán un total de 25 euros por cada mesa (con capacidade para 10 persoas), mentres que os non socios deberán aboar 35 por mesa. Aquelas persoas que desexen converterse en socias poderán facelo a través do correo empanadabandeira@gmail.com, nas redes sociais da asociación (Festa da Empanada) ou acudindo ao Centro Cultural Vista Alegre de Bandeira (de luns a venres, en horario de tarde). Así mesmo, os socios que pagaban a súa cota "en man" deberán porse en contacto para formalizar a súa situación e domiciliar o recibo.

Pola contra, as que desexen deixar de ser socias, deberán comunicalo antes do 14 de xuño a través das redes sociais ou no correo empanadabandeira@gmail.com.

A Festa da Empanada celebrarase o 20 de agosto tras dous anos de obrigado parón por mor da pandemia.

39 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page