A Central Agropecuaria de Silleda rexistrou o terceiro maior prezo pagado por un boi de raza Rubia Galega
- ecosdacomarca

- 1 abr
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
A Central Agropecuaria de Galicia Abanca de Silleda rexistrou onte o terceiro maior prezo pagado neste mercado por un exemplar. Foi un boi de raza Rubia Galega con etiqueta Vaca e Boi de Galicia nacido o 18 de agosto de 2021 e propiedade dunha explotación de Val do Dubra (A Coruña), o cal foi adquirido por 10.461€ por Frigoríficos Bandeira. Este animal só foi superado na historia da Central por outros dous bois, adquiridos o 8 de outubro de 2024 por 10.498€ e o 1 de marzo de 2022 por 10.469€.

PUBLICIDADE

Por outra banda, tamén onte se rexistrou o maior prezo medio da Central na categoría de Vacún Maior, con 2.537,53€ (ata hoxe eran os 2.522,34€ do pasado 17 de marzo).
Publicidade
Lembrar que onte non se celebraron as poxas de becerros de recría, seguindo o acordo cos principais operadores desta categoría neste mercado (de forma consensuada con eles suspéndense diversas poxas desta categoría ao longo do ano, por unha banda, pola celebración ou proximidade de festividades que de por si xa reducían a asistencia ao mercado nesas datas, e por outra, a necesidade destes operadores de regularizar os días de compra de gando para mellorar a súa operatividade e conciliación).
COTIZACIÓNS DO MARTES 31 MARZO 2026:







Comentarios