top of page

A feira Salimat Abanca 2026 cita a compradores alimentarios de 15 países e tres continentes

22 may
2 min de lectura

Celebrará a súa 29ª edición do 4 ao 7 de xuño xunto á feira Abanca Semana Verde de Silleda


Laura Moure/Silleda

O Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca, que celebrará a súa 29ª edición do 4 ao 7 de xuño xunto á feira Abanca Semana Verde de Silleda, volverá desenvolver os seus Encontros Internacionais de Compradores, un espazo de negocio que permite ás empresas presentes abrir vías de exportación, diversificar mercados e xerar contactos comerciais de alto valor nun curto espazo de tempo.

Nesta ocasión os expositores do salón terán a oportunidade de mostrar os seus produtos a 31 importadores e distribuidores alimentarios de quince países e tres continentes, como son Austria, Bélxica, Canadá, Colombia, España, Emiratos Árabes, Estados Unidos, Irlanda, México, Panamá, Reino Unido, República Checa, Romanía, Suíza e, como debutante, Honduras.


O peso dos compradores internacionais aumenta nesta edición respecto ás anteriores. Así, deles, vinte e seis son importadores e os restantes son compradores nacionais, correspondéndose con cinco importantes cadeas de distribución alimentaria españolas ou con presenza no país como son Carrefour, Gadisa, El Corte Inglés, Lidl e, por primeira vez, a recoñecida empresa galega Grupo Cuevas.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Na súa inmensa maioría mostraron a súa preferencia en coñecer aceites, viños e outras bebidas, queixos e lácteos, conservas de peixe, elaborados cárnicos, snacks ou mel, ademais de produtos gourmet, ecolóxicos e de pequenos produtores. Estes Encontros Internacionais de Compradores de Salimat Abanca 2026, os cales contan co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a colaboración do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), posibilitarán ás empresas presentar directamente os seus produtos aos compradores a través de reunións axendadas en función dos intereses de ambas as partes. Estas serán durante todo o primeiro día e ata o mediodía da segunda xornada do certame.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Son así unha eficaz ferramenta comercial, especialmente para a pequena e mediana empresa, a cal ten a posibilidade de establecer relacións directas con potenciais clientes para que as súas propostas sexan incluídas na carteira de produtos dos compradores e os lineais da gran distribución. Ademais, contribúen a impulsar a súa competitividade nun contexto cada vez máis globalizado.


Visitas en distintos puntos de Galicia

Ademais das reunións de negocio, os Encontros Internacionais de Compradores incluirán desde o venres 5 de xuño pola tarde e ata o domingo día 7 de xuño pola mañá unha actividade na que participarán moitos dos importadores e distribuidores. Esta consistirá en visitas a varias empresas galegas e tamén a distintos enclaves turísticos de interese da Comunidade.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page