A Feira Internacional de Galicia ABANCA promociona tres dos seus certames na cita portuguesa Agro 2025
- ecosdacomarca
- 5 abr
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
A Feira Internacional de Galicia ABANCA está presente estes días no certame Agro, o cal se celebra desde o xoves e ata mañá, domingo 6 de abril en Braga (Portugal). A entidade feiral conta cun stand nesta 57ª Feira Internacional de Agricultura, Pecuária e Alimentação. Unha participación que se enmarca no convenio que a Fundación Semana Verde de Galicia mantén con InvestBraga, organizadores do evento.

Así, tendo en canta o carácter dos expositores desta cita portuguesa, está a promocionar a 47ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia e os seus salóns de alimentación, Salimat Abanca, e de turismo, Turexpo Galicia, os cales terán lugar do 5 ao 8 de xuño en Silleda.
Ademais desta presenza expositiva, o equipo comercial presente en Agro está a realizar visitas a moitos dos expositores do certame portugués para darlles a coñecer as vantaxes de formar parte destes eventos.
Publicidade
Día de Galicia
A Feira internacional de Galicia ABANCA foi partícipe este venres do Día de Galicia, que celebrou onte o certame Agro. Así, o seu stand recibiu a visita da comitiva oficial, a cal se achegou aos distintos expositores galegos presentes estes días en Braga.
Comments