top of page

A feira 'Fiando Vida' celébrase mañá, 28 de xuño, en Agolada e promove a sostibilidade

27 jun 2025
2 min de lectura

Ecos da Comarca/Agolada

Os Pendellos de Agolada encheranse de novo de vida mañá, sábado 28 de xuño, coa primeira edición da feira Fiando Vida. É o colectivo Agolada Viva da Plataforma Ulloa Viva quen organiza esta cita, a gran feira de moda sostible, vintage e de segunda man. "A través desta iniciativa queremos poñer enriba da mesa unha mensaxe clara: hai alternativas reais ao modelo de consumo e produción que representa o proxecto da macrocelulosa de Altri. A produción de lyocell a base de madeira de eucalipto, como a que

se proxecta en Palas de Rei, non é sostible, tal como denuncia a organización Canopy,

entidade de referencia internacional na certificación de sustentabilidade téxtil para máis de

950 marcas, incluíndo Inditex", sinala Agolada Viva.


E recalca que "detrás desa industria, agóchanse a destrución de ecosistemas, un consumo desmedido de auga e un modelo que perpetúa o fast fashion. FIANDO VIDA aposta pola moda con raíces, polo coidado do entorno e pola recuperación dos saberes e tecidos tradicionais galegos. Será unha xornada festiva, diversa e chea de vida", recalca. Contará con:

  • A benvida a cargo do actor Diego Anido, recoñecido polo seu compromiso cultural.

  • Máis de 60 postos de venda con roupa de segunda man, deseño sostible e vintage.

  • Música en directo coas actuacións de Zoelas, Davide Salvado, Señora DJ, Fransy e

Bico da Balouta.

  • Desfiles de moda sostible, con deseños de Karol Farias e María Viqueira.

  • Exposicións de téxtil tradicional galego, que celebran a nosa identidade e oficio.

  • Faladoiros con expertos/as como Martina Lubián, creadora de contido de moda

sostible, e a deseñadora Karol Farias.

  • Obradoiros participativos de costura, reciclaxe creativa, seda, impresión téxtil

botánica, e moito máis.

  • Cine ao aire libre pola noite, coa proxección do documental Paxaros Voando,

gañador dos Premios Mestre Mateo 2025, presentado por membros do equipo do

filme.


PROGRAMA DA XORNADA


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

PLANO DA DISTRIBUCIÓN DE POSTOS E ACTIVIDADES

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

PARTICIPANTES

"FIANDO VIDA é unha celebración, pero tamén unha chamada á acción colectiva. Queremos tecer un futuro sostible dende a nosa terra, coas nosas mans, e xunto ás nosas xentes. É tempo de dicir non a modelos extractivistas e si á vida, á cultura, á creatividade e á economía verdadeiramente circular", subliña Agolada Viva.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page