top of page

A feira do doce volve este venres a Agolada

Haberá produtos agroalimentarios, así como postos de téxtil e calzado, seguindo todas as medidas fronte á Covid-19

Un día de feira en Agolada. Autor: Ángel Utrera

Laura Moure/Agolada

A localidade de Agolada volverá acoller este venres a súa tradicional feira do doce albergando distintos postos, tanto de produtos agroalimentarios, como de téxtil e calzado. O mes anterior non se levou a cabo debido á situación da pandemia, que impediu que se celebrasen estes mercados en distintos municipios.


Seguiranse todas as medidas fronte á Covid-19: manterase a distancia de seguridade de dous metros entre os postos; limitarase a afluencia de xente de maneira que se garantice a distancia de seguridade e por suposto, o uso da máscara será en todo momento obrigatorio.



0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page