top of page

A feira Abanca Semana Verde 2025 estrea exhibicións de skate e pilotos de stunt

Terá lugar do 5 ao 8 de xuño na Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia en Silleda


Laura Moure/Silleda

A 47ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia en Silleda, a cal terá lugar do 5 ao 8 de xuño, volve sorprender co seu programa de actividades sobre rodas.


Así, por primeira vez, realizaranse exhibicións e clases de skate, de man da escola NorthSide Skatepark Coruña. Tanto o sábado 7 de xuño ás 12:00 horas e ás 17:00 horas como o domingo día 8 de xuño ás 12:00 horas e ás 16:00 horas, levaranse a cabo espectaculares demostracións desta disciplina deportiva, tanto na modalidade de rampla como de street. Nestas sesións, dunha hora de duración cada unha, participarán unha decena de profesores e alumnos da escola, estando entre estes últimos algúns campións e campioas galegas que non deixarán de motivarse uns a outros durante as exhibicións para mostrar as súas mellores cualidades sobre o patín.


Ademais, o sábado de 18:00 a 20:00 horas e o domingo de 17:00 a 20:00 horas impartiranse clases deste deporte a todos aqueles interesados que queiran achegarse á zona skate.

Por outra banda, en canto ás actividades de motor da feira, contarán por primeira

vez co show “Pichu & Balles Stunt”, integrado por dous dos tres únicos pilotos de stunt en Galicia. Detrás do nome artístico Pichu está Álex Sebio, un compostelán que empezou con 14 anos a facer acrobacias co seu motor sen saber que existía un deporte moi popular noutros países que se chama stuntriding e que a día de hoxe leva catro anos como piloto profesional. En canto a Óscar Balles, é un vigués que comezou tamén a pilotar motos sendo moi novo e que dende fai dez anos xa o fai de forma profesional, conseguindo subir ao pódium nalgunhas competicións autonómicas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Este espectáculo iniciarase con presentacións de ambos os pilotos. Por parte de Pichu mostrará as súas habilidades con tres vehículos, unha moto para trucos máis técnicos, outra con efectos de fume e lume e tamén un kart acondicionado cun motor de moto co que fará drift (sobreviraxes e derrapes), mentres que Balles farao con dúas motos, unha específica para stunt (acrobacias sobre motos) e outra para drift. A continuación, ambos realizarán distintos trucos á vez, compenetrándose nas súas acrobacias e manobras extremas para ofrecer un show sorprendente que é o resultado de anos de adestramento e que para Pichu tamén é unha maneira de animar á xente e transmitirlle que con esforzo e disciplina todo se pode conseguir. Unha mensaxe que tamén lanza desde as súas redes sociais colgando vídeos das súas caídas e a súa tenacidade para conseguir executar os

seus trucos.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Paulo Martinho, un clásico con gran éxito

Abanca Semana Verde 2025 tamén acollerá exhibicións de freestyle motocrós da man dun piloto que sempre colleita gran éxito entre o público, Paulo Martinho. O sábado ás 13:00 horas e o domingo tanto ás 13:00 horas como ás 17:00 horas, este pioneiro do freestyle en Portugal volverá sorprender con novos investidos, cabaliños ou queimadas de roda.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page