Laura Moure/Touro
A famosa actriz Eva Longoria estivo paseándose estes últimos días por Galicia. Deixouse ver pola Praza de Abastos de Santiago de Compostela xunto ao equipo de Searching for Spain, un documental culinario para o canal estadounidense CNN (USA) que está previsto que vexa a luz no 2025. Pero tamén puidemos saber a través das redes sociais que tamén visitou as comarcas!! Queredes saber onde estivo? Seguide lendo!
Publicidade
Pois a coñecida actriz da famosa serie Mujeres desesperadas estivo nun lugar emblemático como é o Pazo de Andeade de Touro. Tal e como recolle a propia web do pazo (que vos convidamos a visitala https://www.pazodeandeade.com/), a tamén chamada A Casa Grande de Andeade, foi fundada a comezos do século XVIII e posúe todos os elementos característicos das construcións pacegas: escudo, capela con retablo compostelán da época, pombal, lavadoiro, fonte decorativa, amplos xardíns, carballeira ("robledal") e entrada franqueada por filas de bananeiros.
Foi restaurado no ano 1995 con materiais orixinais e madeiras nobres, e actualmente funciona como establecemento de turismo rural e lugar de celebracións e banquetes. O Restaurante Pazo de Andeade utiliza unicamente produtos de alta calidade, contrastada procedencia e exclusivamente de tempada.
Publicidade
A cociña e o servizo ofrecido polos seus profesionais, gozan dun recoñecido prestixio gañado a través da excelencia da materia prima empregada e a unha cuidadísima elaboración tradicional. E Eva Longoria, como anunciou o propio Pazo de Andeade a través das súas redes sociais, tivo o pracer de coñecer e desfrutar desta marabilla.
"¡Agradecidos a todo el equipo de Searching for Spain! Ha sido un verdadero placer colaborar con ellos y con la increíble @evalongoria", sinala o Pazo de Andeade no seu Facebook

Comments