top of page

A exposición 'Camiños de Auga' pode verse na Área Recreativa O Liño de Santiso ata o día 23

Ecos da Comarca/Santiso

A exposición xa no lugar. Autora desta imaxe: Matilde Pallares.

A exposición Camiños de Auga do GDR Ulla Tambre Mandeo atópase agora na área recreativa O Liño de Santiso (Na Cornella). Os interesados poden visitala ata o día 23 de agosto.

"A área recreativa O Liño pode considerarse un punto Leader. Alí o GDR financiou a ampliación da mesma área recreativa, a área de autocaravanas, a ruta de senderismo de 40 quilómetros que pasa ó lado e promociona tamén o turismo e a flora e fauna local. Caésenos a baba cada vez que pasamos por alí!", indica o GDR Ulla Tambre Mandeo.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page