top of page

A empresa lalinense de drons Aerocamaras alcanza un acordo coa Universidad a Distancia de Madrid

O obxectivo será integrar a drónica no eido universitario


Laura Moure/Lalín

A compañía galega Aerocamaras, con sede en Lalín e no Parque Tecnolóxico de Galicia – Tecnópole -sociedade participada pola Xunta de Galicia- é un referente non mundo da

drónica en España. É pioneira en formación (oficial, técnica e universitaria), xestión aeronáutica, venda de drons, equipos complementarios e solucións integrais. É a maior

escola de pilotos de drons da Península Ibérica Acaba de alcanzar un acordo coa Universidad a Distancia de Madrid – UDIMA para integrar a drónica no eido universitario.


Na sinatura participaron Juan Luís Rubio, vicerreitor de UDIMA, e Francisco Álvarez, CEO

de Aerocamaras. Este acordo permitirá ao alumnado das dúas entidades ter acceso a formación de alto nivel cos títulos propios de UDIMA e os cursos oficiais, técnicos e universitarios do CampusUAS de Aerocamaras. En concreto, tanto os alumnos como os antigos alumnos de UDIMAe de Aerocámaras gozarán de condicións vantaxosas á hora de matricularse na ofertaformativa de ambas as dúas escolas superiores. Ademais de bonificacións, incluirase gratuitamente con cada inscrición o curso “Área de Desarrollo de Carrera” de UDIMA.

Esta acción complementarase coa incorporación de Aerocamaras no programa de mentoring da universidade online, para fomentar a relación de desenvolvemento profesional e persoal dos seus antigos alumnos e axudar a establecer un itinerario profesional acorde ás capacidades e aptitudes no campo tecnolóxico. A este programa

engádese, ademais, o plan de prácticas profesionais en empresas para os alumnos de

pilotos de drons.


Consolídase así a colaboración que as dúas entidades iniciaron este mesmo ano co título propio de Piloto Máster UAS, única certificación técnica de piloto de drons que existe en España con acreditación universitaria de ámbito europeo, homologado pola EASA (European Union Aviation Safety Agency).


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

As dúas institucións consideran de gran relevancia establecer estas liñas de colaboración para a organización de actividades formativas de alto nivel. Francisco Álvarez, CEO do

Grupo Aerocamaras, destacou desta unión que “é un fito no ámbito da formación técnica.

Nós, apaixonados polos drons e a formación, e UDIMA, especialistas en formación universitaria online de calidade, damos resposta á imparable demanda de todos os sectores profesionais para aproveitar as vantaxes da drónica en actividades diversas. Sen

dúbida, a firma deste convenio con UDIMA é un privilexio e supón un gran paso no noso

desenvolvemento estratéxico”.


O Parque Tecnolóxico de Galicia – Tecnópole é unha sociedade participada pola Xunta de

Galicia a través da Consellería de Economía e Industria. Situado no Concello ourensán de

San Cibrao das Viñas, leva máis de tres décadas impulsando o talento e a innovación a

través do seu centenar de empresas tecnolóxicas e os seus centros de I+D. O Parque está

comprometido co desenvolvemento sostible, a igualdade de xénero e a divulgación

científica.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page