top of page

A edil de Lalín Teresa Varela pide a pide a redución da presión fiscal e a revisión das ordenanzas

20 sept
3 min de lectura

Ecos da Comarca/Lalín

A condelleira non adscrita de Lalín Teresa Varela levará ao vindeiro pleno municipal unha moción a través da cal pide a redución da presión discal e a revisión das ordenanzas municipais. "A política fiscal municipal constitúe unha das principais ferramentas das que dispón un Concello para incidir directamente na economía das familias, das persoas autónomas, dos pequenos negocios e do tecido produtivo local. Os impostos, taxas e prezos públicos municipais forman parte dos gastos que deben asumir diariamente as familias e as empresas e, polo tanto, a política fiscal dun Concello non pode analizarse exclusivamente desde a perspectiva da recadación", recalca.

A edil sinala que "resulta inadmisible a carga fiscal a que está sometida a veciñanza de Lalín, que por riba non ten a percepción de que eses impostos sexan gastados con eficiencia e utilidade debido ás múltiples carencias que se evidencian, no que sobresaíu de forma salientable o de estar sen auga por non dispoñer dunha infraestrutura hidráulica axeitada e moderna que detecte e se adiante a baixada de auga nos depósitos, as fugas e ao despilfarro da mesma".


A maiores, apunta, "a situación económica actual fai especialmente necesaria esta reflexión, dado que segundo o indicador adiantado publicado polo Instituto Nacional de Estatística, o IPC situouse en agosto de 2026 nunha variación anual do 4,3 %, sete décimas por riba da taxa rexistrada en xullo, mentres que a inflación subxacente se situou no 2,9 %. O propio INE sinala que nesta evolución tiveron especial incidencia os prezos dos combustibles e lubricantes e, en menor medida, os alimentos e bebidas non alcohólicas. Isto significa que a cidadanía continúa afrontando un incremento significativo do custo da vida, especialmente en gastos que forman parte do consumo ordinario das familias".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

E salienta que dado que o Concello pode fixar os tributos municipais dentro dos marxes establecidos na lexislación estatal en aplicación entre outros do Real Decreto Lexislativo 2/204, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e dada a situación económica actual esta Administración ten capacidade para reducir a carga fiscal. "Sen embargo e a pesar do complexo contexto económico para a veciñanza, ao longo do presente mandato municipal asistimos a unha escalada xeral da presión fiscal local en Lalín. Incrementáronse ou recuperáronse figuras

tributarias de gran impacto económico, tales como:

• Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), que para os inmobles urbanos se mantivo durante anos a un tipo do 0.40% veuse incrementado para o ano 2024 ao 0.50%, este incremento vese reflexado dun xeito moi significativo nos recibos.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

• O Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO), fixado actualmente nun tipo do 3%, despois de votar anos no que se suprimiu a súa aplicación para favorecer a dinamización económica, favorecendo a construción e a rehabilitación de inmobles

• A recuperación do Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terrenos de Naturaleza Urbana (Plusvalía Municipal).

• A presión sobre a Taxa de Terrazas e a Taxa de Recollida e Tratamento de Lixo, debendo esta última ser obxecto de unha análise para verificar que o que se repercute aos veciños se corresponda co custo real do servizo, xa hai xurisprudencia anulando esta tasa municipal".


Por último, apunta que "cabe evidenciar que a compilación de ordenanzas fiscais publicada e dispoñible para a cidadanía corresponde ao ano 2022 e contén referencias normativas obsoletas que deben ser revisadas á luz da lexislación e das ordenanzas municipais vixentes, polo que precisa unha revisión e actualización urxente. A cidadanía debe dispoñer dun texto consolidado e actualizado das ordenanzas fiscais municipais que permita coñecer con total claridade os impostos, taxas, prezos públicos, tipos, coeficientes, bonificacións e requisitos aplicables. A transparencia fiscal é un requisito indispensable dunha boa Administración".


Polo anteriormente exposto, Varela propón a adopción dos seguintes ACORDOS:


PRIMEIRO.- Realizar o trámite administrativo necesario para modificar a ordenanza fiscal reguladora do IBI para volver a implantar o tipo de gravame do Imposto sobre Bens Inmobles de natureza urbana ao 0,40 %.


SEGUNDO.- Encomendar a Concelleira de Facenda a realizar unha labor de reestruturación do gasto e optimización da xestión dos recursos públicos encamiñada a reducir a carga impositiva de xeito progresivo ao mínimo legal


TERCEIRO.- Revisar integramente a ordenanza que regula o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana, para adecuala a normativa vixente de aplicación, en tanto non sexa posible a súa supresión

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

CUARTO.- Revisar a Tasa de Recollida e tratamento do lixo, garantindo que o seu cálculo se corresponda estritamente co custo real do servizo previndo os riscos xudiciais que están a sufrir outros concellos.


QUINTO.- Publicar na páxina web municipal un texto consolidado e actualizado de todas as ordenanzas fiscais, de maneira que calquera cidadán poida coñecer de forma clara e sinxela os impostos, taxas, prezos públicos, bonificacións e requisitos actualmente aplicables.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page