top of page

A E.F Silleda recupera a Copa do Deza e Tabeirós-Montes que volta na categoría cadete o día 6

Participarán equipos da comarca e o CF Monforte como conxunto convidado


Laura Moure/Silleda

Logo de comprometerse a realización de distintos eventos deportivos, a Escola de Fútbol de Silleda arranca nova etapa ca recuperación dun torneo que organizaba hai varios anos a Federación Galega de Fútbol: a Copa do Deza e Tabeirós-Montes. O certame volta a vindeira fin de semana, o sábado, ao municipio de Silleda ca categoría cadete, ca participación de 6 equipos.

Así, ademais do anfitrión da E.F Silleda estarán a E.F Estrada, a Escola de Terra de Montes (Forcarei); o equipo da S.D Cruces, a E.F Lalín e como formación convidada (toda vez que a S.D Bandeira non conta con equipo nesta categoría), o C.F Monforte.


A diferencia de torneos anteriores, a cita disputarase nunha única xornada, o vindeiro sábado día 6. Haberá unha fase previa por grupos, con enfrontamentos que se disputarán dende as 11 horas no campo de fútbol de Outeiriño-Joselu Mato (o C.P Monforte, Terra de Montes e a EF Lalín) e no campo de Mularedos, en Lamela (E.F. Silleda, Escola Estrada de Fútbol Base e S.D. Cruces). A fase final comezará a partir das 15:30 horas.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Dende a dirección do club organizador xa avanzan que está previsto retomar o torneo nas categorías de infantil e xuvenil en vindeiras datas. Tamén agradecen a colaboración do Concello de Silleda, do C.F Lamela pola cesión das instalacións, da Fundación Semana Verde (por ceder o espazo para o xantar) e a Culinaria, que se encargará do cátering durante a xornada.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Cuadrangular Concello de Silleda, o domingo 7

Por outra banda, o fútbol continuará sendo protagonista a vindeira fin de semana en Silleda con outro agardado regreso: o cuadrangular “Concello de Silleda”, que se disputará no campo de Outeiriño Joselu-Mato. A partir das 17:30 estarán no terreo de xogo a S.D Silleda, S.D Bandeira, o C.F Lamela e o conxunto xuvenil da EF Silleda.


 
 
 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page