Diana Nogueira presentará en Arzúa a 3ª edición do Desfile de Moda da AECA
- Laura Moure

- hace 9 horas
- 1 Min. de lectura
A cita será o 16 de maio
Laura Moure/Arzúa
A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa (AECA) celebrará o sábado 16 de maio, ás 19:00 horas, a 3ª edición do Desfile de Moda, unha cita xa consolidada no calendario comercial da vila, que terá lugar no Multiusos Terra do Queixo, con entrada gratuíta. Nesta ocasión, o desfile contará coa presentación de Diana Nogueira, recoñecida
profesional da comunicación, que será a encargada de conducir unha tarde pensada para poñer en valor o comercio de proximidade e as tendencias da nova temporada primavera - verán.

PUBLICIDADE
Un total de 12 establecementos locais participarán nesta pasarela, amosando as súas propostas de moda, calzado, complementos, óptica e perfumaría: Mía María, Carola Moda, Moda Sari, MD Lencería e Fogar, Boutique Anduriña, Miss Zapatos, Estrenas Zapatería, Calzados Iglesias, Arroupadiños, Novavisión Óptica, Mi Tata e Chorima
Perfumería.
PUBLICIDADE
Ademais, o evento contará coa colaboración de Xeira, Moheva, Frutas Jose de La Andaluza, Cociñas Pedreira, Fogar de Lecer Turismo Rural, Kitakuxa Artesanía,
Arzugráfica, Mamá Teresa, Supermercado Claudio Express e Biosbardos Animación,
cuxo apoio resulta fundamental para facer posible unha nova edición deste desfile e
seguir impulsando accións en favor do comercio local.








Comentarios