A agrupación palense Palacio do Rei acada o primeiro premio no Día da Muiñeira de Cee
- Laura Moure

- hace 9 horas
- 2 Min. de lectura
Conta actualmente cunha canteira de 42 alumnos/as de diversas idades
Laura Moure/Palas de Rei

A agrupación palense Palacio do Rei acada o primeiro premio no Día da Muiñeira de Cee, que tivo lugar o pasado 1 de maio. Un dos maiores encontros da cultura popular na vila da Xunqueira, onde a música, o baile e os traxes tradicionais na rúa son os protagonistas e que este ano xuntou a uns 600 participantes, entre bailadores, bailadoras, pandereteiras e gaiteiros, tanto da zona, como de distintos puntos da xeografía galega. Así, participaron, ademáis de Cee, agrupacións de: Palas de Rei, Santiago, Betanzos, Teo, Baio, Louro, Outes, Vimianzo, Boiro, Corcubión e Fisterra.
Todas as agrupacións, máis alá das pezas presentadas ó certame bailaron xuntas
este ano a Muiñeira do Hío contribuíndo a un novo momento histórico nesta cita que vai pola 38 edición na localidade de Cee.
PUBLICIDADE
En canto ós galardóns na categoría A (menores de 14 anos) o primeiro premio foi para Adro de Baio e na categoría B (maiores de 14 anos) foi para Palacio do Rei de Palas.
A agrupación Palacio do Rei conta actualmente cunha canteira de 42 alumnos/as de diversas idades que participan en numerosas actuacións e certames de música tradicional en distintos puntos da xeografía galega e de fora da Comunidade.
PUBLICIDADE
A actividade formativa soe ser o venres polas tardes na Casa de Cultura de Palas de Rei.
Actualmente organizan en Palas de Rei, coincidindo coas festas patronais de setembro, un festival de danza tradicional donde presentan o traballo que desenvolven durante o ano e traen a agrupacións doutros puntos da xeografía galega e de fora coas que colaboraron.








Comentarios