A DXT inicia hoxe unha campaña especial de control e vixilancia do consumo de alcol e outras drogas
- ecosdacomarca

- hace 23 horas
- 2 Min. de lectura
Na mesma campaña realizada entre o 16 e o 22 de decembro do ano pasado en Galicia, controláronse 35.688 condutores e impuxéronse 824 sancións, das cales 476 foron por positivos en alcohol e 348, en drogas
Laura Moure/Xeral
A Delegación do Goberno informa de que a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) inicia hoxe, luns, unha nova campaña especial de control sobre control da taxa de alcol e presencia de drogas en condutores, que se estenderá ata o domingo, 21 de decembro. Dadas as datas nas que nos atopamos, a campaña terá un especial incidencia nas zonas de turismo e de ocio relacionadas coas datas de Nadal, moitas delas en ámbito urbano, polo que promoverá a implicación dos Concellos e das súas policías locais. O obxectivo desta campaña é concienciar sobre os riscos do consumo de alcol e drogas ao volante, que foi no ano 2024 o segundo factor concorrente máis habitual en sinistros de tráfico.

Segundo os datos da DXT, o alcol estivo presente no 12% dos sinistros de 2024; ao mesmo tempo que foi factor concorrente no 28% dos sinistros de tráfico con vítimas mortais, con 273 casos asociados. O 29% (218) das persoas condutoras falecidas ás que se lles fixo a proba de alcoholemia (79% do total), obtiveron un positivo na proba realizada, o que supón un aumento dun punto porcentual respecto ao ano 2023.
Publicidade
O consumo de alcol ten graves efectos sobre a condución e sobre a sinistralidade. O aumento do tempo de reacción, a subestimación da velocidade, así como os problemas de visión e coordinación son consecuencias da inxesta do alcohol. Os accidentes con condutores ebrios tamén se volven moito máis graves co aumento da taxa de alcoholemia, porque o alcol é un factor relacionado co peor prognóstico das feridas. A campaña insiste en que a única taxa realmente segura é 0,0 g/l.
Desde xaneiro ata novembro deste ano, un total de 16.567 condutores de Galicia foron sancionados por exceso de alcol e droga ao volante, e perderon 88 mil puntos do seu permiso de condución, nun total de 17.758 sancións: 5.866 sancións foron por consumo de drogas e 11.892 por consumo de alcol.
Publicidade
Resultados da campaña especial de decembro de 2024
Na mesma campaña realizada entre o 16 e o 22 de decembro do ano pasado en Galicia, controláronse 35.688 condutores e impuxéronse 824 sancións, das cales 476 foron por positivos en alcohol e 348, en drogas. Por provincias onde máis positivos se detectaron foi en A Coruña, con 414 positivos, seguido de Pontevedra con 174, Lugo, con 126, e Ourense con 110.








Comentarios