A DXT inicia hoxe en Galicia unha campaña especial de vixilancia de camións e autobuses
- ecosdacomarca

- hace 21 horas
- 2 Min. de lectura
Os controis realizaranse ata o domingo 15 e prestarán especial atención ás condicións técnicas do vehículo, a velocidade ou o tempo de descanso na condución
Ecos da Comarca/Xeral
A Delegación do Goberno en Galicia informa que a Dirección Xeral de Tráfico levará a cabo desde hoxe, luns, ata o domingo, 15 unha nova campaña de vixilancia e control de tráfico centrada na supervisión de camións e autobuses. A campaña, que tamén contará co apoio das diferentes xefaturas provinciais de tráfico, propón como estratexia fundamental a “tolerancia cero cos comportamentos de risco” vixiando para iso as causas concorrentes máis habituais na sinistralidade como poden ser as distraccións, a velocidade e o consumo de alcol ou outras drogas.

Durante esta semana semana os e as axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil intensificarán os labores de inspección dos vehículos destinados ao transporte de mercadorías e pasaxeiros prestándolle especial atención á documentación do vehículo, á súa correcta habilitación e inspección (pneumáticos, peso, acondicionamento da carga e uso adecuado da iluminación), revisando os tempos estipulados de condución e descanso, así como os excesos de velocidade e o consumo de alcol ou drogas.
Publicidade
Esta campaña ten unha especial incidencia en Galicia onde, segundo os datos de febreiro deste ano do Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible, operan máis de 15.800 empresas de transporte de mercadorías e de autobuses (en liñas regulares e non regulares).
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

No que respecta a a sinistralidade, e a falta de pechar os datos de 2025, desde 2020 Galicia suma tres falecidos en camións inferiores a 3.500 kg. e 8 falecidos en camións de máis de 3.500 kg. En autobuses rexistráronse 7 persoas falecidas nun accidente de autobús producido na provincia de Pontevedra no ano 2022.
Publicidade
Datos da campaña anterior
A anterior campaña especial de vixilancia e control de tráfico centrada neste tipo de vehículos celebrouse en febreiro de 2025. Nela, a Garda Civil controlou a un total de 4.072 camións e 206 autobuses nos controis establecidos en Galicia. Foron denunciados 682 camións e 32 autobuses. As denuncias máis frecuentes foron por erros na documentación do vehículos, problemas no chasis e accesorios e exceso de peso.








Comentarios