top of page

A DGT inicia hoxe, luns 24 de novembro, en Galicia unha campaña especial de vixilancia de furgonetas

O ano pasado faleceron na nosa comunidade 7 persoas en accidentes de tráfico protagonizados por estes vehículos


Laura Moure/Xeral

A Delegación do Goberno en Galicia informa que desde hoxe a Dirección Xeral de Tráfico desenvolverá unha Campaña Especial de Control e Vixilancia de Furgonetas que coincide cunha das semanas de maior actividade comercial do ano. Ata o vindeiro domingo, 30 de novembro, a Agrupación de Tráfico da Garda Civil intensificará as inspeccións sobre os vehículos (autorizacións e documentos, condicións técnicas e elementos de seguridade etc) e sobre as persoas condutoras (permiso de condución e alcol).

ree

Nestas datas increméntase substancialmente os envíos diarios de mercadorías en España e, a inmensa maioría realízanse neste tipo de vehículos. Co obxectivo de comprobar diferentes aspectos relacionados coa seguridade viaria das furgonetas, a campaña establecerá puntos de control en todo tipo de estradas, especialmente en vías convencionais, así como en zonas próximas a polígonos industriais, zonas de carga e descarga, centros comerciais, etc.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A DGT advirte que a condución dunha furgoneta non é igual que a dun turismo; o comportamento dinámico é diferente, sobre todo se vai cargada. A suxeición da carga é vital, calquera desprazamento da mesma incide sobre a estabilidade do vehículo por desprazamento do centro de gravidade. Entre este tipo de vehículos, é máis alta a incidencia de saídas da vía que pode explicarse pola excesiva ou mala colocación da carga.


O risco na condución de furgonetas é maior que en turismos, debido á carga que transportan e a un menor equipamento de seguridade activa e pasiva. Con todo, a sensación de seguridade que experimenta o condutor, a menor velocidade e a elevación da cabina fai que o número de distraccións sexa maior e o uso de cinto de seguridade menor.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

De feito, en Galicia aumentaron en 2024 os sinistros de tráfico con vítimas nos que estiveron implicadas as furgonetas como as persoas falecidas neles. En total, foron 7 as persoas que faleceron nestes vehículos, unha cifra superior á do ano anterior.


Última campaña análoga

Na última campaña análoga que se realizou por estas datas en Galicia controláronse 17.492 vehículos e interpuxéronse 1.606 denuncias. A 1.504 vehículos. Entre as principais infraccións destacaron o exceso de velocidade (661 denuncias), non ter pasado a I.T.V. (251 denuncias) e circular con neumáticos en mal estado (112 denuncias). Tamén 96 condutores foron sancionados por consumo de alcol e drogas.

ree



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page