top of page

A Deputación inviste 392.481 euros en mellorar a seguridade da estrada DP 4604 no concello de Toques

A deputada de Obras, Mónica Rodríguez, comprobou de primeira man os avances das obras xunto co alcalde, José Ángel Penas, e técnicos da Deputación


Laura Moure/Toques

Como ca adiatamos esta semana en Ecos da Comarca, a deputada provincial de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, visitou o Concello de Toques para comprobar, de primeira man, xunto co alcalde, José Ángel Penas, e técnicos da institución provincial, os avances que se están a realizar na obra de mellora da estrada DP 4604, que vai de Melide ás Pías.

As obras, que supoñen un investimento de 392.481 euros financiados pola Deputación, consisten na execución dunha senda peonil en dúas seccións da vía para dar continuidade aos tramos de beirarrúas existentes en ambos lados, co fin de facilitar o tránsito peonil na dita zona.


Publicidade

Para o tramo que vai desde PQ 13+130 ata o PQ 13+340 estase a executar unha explanación á marxe dereita, para construír a xa mencionada senda, cun ancho de 2 metros. O material que se utilizará para o pavimento será formigón en masa coloreado, cumprindo coa normativa de accesibilidade dos itinerarios destinados especificamente ao tránsito de persoas. Estarán deseñados de tal forma que resulten accesibles para todas as persoas. Ademais, colocarase un bordo prefabricado entre a senda de formigón e o pavimento da calzada.


Publicidade

No tramo que vai desde PQ 7+606 ata PQ 8+156 prolongarase a senda existente, colocando tamén un pavimento continuo de formigón en masa coloreado con un ancho de 2 metros, similar ao xa existente. Instalarase un bordo prefabricado entre a senda de formigón e o pavimento da calzada.


As obras suporán unha importante mellora da seguridade peonil na zona, segundo indicou a deputada.


NOTICIA RELACIONADA:

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page