Laura Moure/Toques

Este luns estiveron en Toques a deputada de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, o xefe de servizo e o técnico para atender as peticións do alcalde deste municipio, José Ángel Penas.
Publicidade
Entre estas, tal e como informa o propio mandatario, figura a mellora das beirarrúas na zona da Bragaña na parroquia de Ordes.
Publicidade
"Resulta que este tramo forma parte da estrada provincial CP-4604 e necesita un arranxo. Estiven insistindo na súa mellora e teño o compromiso de facer os 1,3 quilómetros de beirarúas en dúas fases! Iniciarase a primeira fase nos vindeiros orzamentos!", adianta o rexedor.
Comments