top of page

A Deputación destina 145.200 € para a formación de 23 mozos no estranxeiro, entre eles do IES Laxeiro

Ecos da Comarca/Lalín

A Deputación acaba de aprobar a concesión das axudas de mobilidade por valor de 145.200 euros para que 23 mozas e mozos da provincia poidan completar a súa formación no estranxeiro ao abeiro do proxecto Erasmus +. "Queremos que a nosa mocidade sexa a mellor preparada da historia, teña o maior coñecemento posible para poder facer fronte aos retos do futuro, aprenda no estranxeiro e, por suposto, despois regrese para poder poñer o seu talento a disposición desta provincia", asegurou o vicepresidente provincial Rafa Domínguez.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

As axudas das que se beneficiarán estas 23 mozas e mozos oscilan entre os 4.700 e os máis de 7.200 euros, dependendo do destino e dos días de duración da súa estancia no estranxeiro, que  abrangue entre os 90 e os 365 días. Será en outubro cando estas mozas e mozos comecen a súa experiencia internacional, partindo cara Irlanda, Italia, Malta, Polonia e Portugal.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

As 23 mozas e mozos beneficiarios das axudas da Deputación son estudantes de ciclos formativos relacionados coa electricidade, redes informáticas, comercio, xestión administrativa, cultivos acuícolas, deseño gráfico, operacións subacuáticas, son, coidados auxiliares de enfermaría e panadería de centros educativos da Estrada (IES Antón Losada Diéguez), A Illa de Arousa (IGAFA), Lalín (IES Laxeio), Marín (IES Chan do Monte), As Neves (EFA Cancela), Pontevedra (IES Luis Seoane e CIFP Montecelo), O Porriño (IES Ribeira do Louro), Sanxenxo (IES de Vilalonga) e Vigo (IES A Guía, CIFP Audiovisual de Vigo e Formación Divino Maestro).



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page