top of page

A Deputación de Pontevedra leva hoxe a Lalín e a Dozón dous espectáculos

Ecos da Comarca/Deza

A Deputación de Pontevedra leva hoxe, venres 16, dous espectáculos ata Deza. Un será en Lalín e outro en Dozón.


Por un lado, estrea este venres en Lalín cun concerto de Tiruleque o calendario de actuacións da nova edición de +Música, o programa provincial que colabora cos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para apoiar a súa programación cultural e, con isto, difundir e fomentar a lingua e a cultura galegas. A actuación terá lugar na Praza da Igrexa a partir das 21:00 horas e encádrase en "Lalín nas Letras 2025", a programación posta en marcha polo Concello de Lalín co gallo da celebración do Día das Letras Galegas.

A banda Tiruleque leva en activo máis de dúas décadas mesturando un repertorio baseado nas recollidas e cancioneiros tradicionais con outras moitas influencias, así como pezas propias. En Lalín presentarán o seu novo espectáculo "Repichoca", adiantando o novo traballo discográfico da formación. Nel, a banda captura a ledicia e o espírito festivo das repichocas e das foliadas, pero levándoas ao presente, como espazos que unen aos galegos para celebrar a cultura do país.


O concerto de Tiruleque é dunha das 78 actuacións de +Música que se celebrarán entre os meses de maio e decembro nos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. Este programa ten un orzamento de 700.000 euros, 100.000 euros máis que na pasada edición, cos que o organismo provincial aboa os custos de caché dos espectáculos e impulsa a reputación de Pontevedra como un destino cultural de primeiro nivel. A través de +Música, a Deputación aposta pola descentralización da cultura e a programación de actos culturais de calidade por toda a xeografía provincial.


E por outra banda, tamén hoxe, pero neste caso, a través do circuíto +Escénicas, leva ao concello de Dozón da man do espectáculo infantil “Chafallas, a vendedora de fume”, a cargo da compañía dezana A Cova das Letras. Trátase dunha actuación enmarcada na segunda edición desta iniciativa provincial, que apoia a programación de teatro e danza nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia cun orzamento de 195.000 euros, 45.000 euros máis que na súa primeira convocatoria.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O espectáculo "Chafallas, a vendedora de fume” representarase no CEIP Pío Cabanillas Gallas ás 16:00 horas e é un espectáculo familiar, pero especialmente infantil, que mestura a tradición do conto galego e portugués con técnicas como a dos monicreques. Chafallas é unha nómade que vai de vila en vila buscándose a vida coa casa ás costas, contando historias dos seus obxectos máis prezados e entretendo a xente a cambio de cartos ou comida. Sabe facer de todo, e ás veces sáelle ben e outras non, pero sempre coa mellor intención. Entende o idioma dos animais, é unha sabia da natureza e, sen sabelo, é tamén a primeira muller narradora que vive do seu oficio. As noites sen teito non son doadas, e para pasalas, enreda coas palabras e a música ata durmir paseniño e que o fermoso son da alborada a esperte.


Co circuíto +Escénicas, a Deputación dá resposta á demanda que o sector profesional vén facendo desde fai máis de 15 anos. Tralo éxito da primeira edición, entre abril de 2025 e marzo de 2026 representaranse un total de 136 funcións, escollidas entre un catálogo de espectáculos dispoñible no sitio web da Deputación de Pontevedra, en 50 concellos da provincia de Pontevedra.



Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page