top of page

A Deputación de Pontevedra leva a Cruces un espectáculo da actriz Ailén Kendelman o 17

12 oct
3 min de lectura

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Deputación de Pontevedra programa para os vindeiros día , do 13 ao 18 de outubro, un total de seis actuacións que forman parte do circuíto +Escénicas, co que a institución provincial apoia a programación de teatro e danza nos concellos de menos de 20.000 habitantes. Os espectáculos da semana terán lugar este martes 13 de outubro en Tui; o venres 16 no Campo Lameiro, Salceda de Caselas e Oia; o sábado 17 en Vila de Cruces e rematarán o domingo 18 en Gondomar.

A programación semanal de +Escénicas comeza o martes ás 11:00 horas no Teatro municipal de Tui da man da compañía de Xavi Bufo e o seu espectáculo “Tubos do mundo”, un concerto sorprendente no que Xavi Lozano presenta a súa particular forma de relacionarse musicalmente coas obxectos: se as frautas son tubos, moitos tubos da contorna cotiá poden considerarse frautas… se sabes como soprar neles.


O calendario continúa o venres ás 11:30 horas no Centro sociocultural do Campo Lameiro onde o actor e contador de historias Avelino González presentará “Contos que foron chistes”. Os contos e os chistes non teñen máis fronteira que o sentido do humor de cada quen. Por iso hai contos moi semellantes en distintos países; contos que coñecemos como moi galegos pero que se dan tamén en países como China ou no Vietnam.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O venres, ás 18:00 no auditorio de Salceda de Caselas, terá lugar “Charlatán Rodríguez”, de Rendos Pequeno. A peza presenta a historia dun charlatán que chega á vila coa súa lingua afiada, os seus instrumentos afinados e seu posto de venda ateigado de remedios para todos os males. Armado de retranca e coa sabedoría que dá percorrer todos os camiños, será quen de vender ao público menciñas que non necesitan a prezos que non poden pagar, cun catálogo infinito de solucións inútiles para problemas inexistentes, laretadas baleiras, melodías inventadas, pequenas grandes ilusións e contos de impostor.


Tamén o venres se representará “Garavanciña. Contos con música” ás 18:00 horas na Praza de Abastos de Oia. Trátase dunha peza teatral coidada e visual que trae a maxia dos contos clásicos, unha divertida aventura de monicreques, cancións e narración oral interpretada por Bea Campos. Un espectáculo de teatro repleto de xogos tradicionais para romper cos roles de xénero e coñecer e valorar os contos clásicos.


O sábado, a partir das 20:00 horas, chega “Unha señora orquestra” ao Auditorio Xosé Casal de Vila de Cruces. A actriz Ailén Kendelman presenta unha proposta singular na que acciona varios instrumentos a través dun curioso sistema de mecanismos, cordas e roldas cos que interpreta con habilidade ritmos galegos, músicas do leste e folclore lationamericano.


Por último, o Auditorio Lois Tobío de Gondomar acollerá o domingo 18 de outubro ás 19:00 horas “Love está no aire”, de David Amor. Trátase dun espectáculo de 80 minutos onde os espectadores percorrerán toda a grella televisiva sen tocar o mando, descubrindo as razóns polas que a xente pasa sede nun aeroporto ou polas que David Amor nunca poderá ser Rafa Nadal.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Co circuíto +Escénicas, a Deputación dá resposta a unha demanda que o sector profesional levaba facendo desde fai preto de 20 anos. Tralo éxito da primeira e da segunda edición, a institución provincial volve programar un novo ciclo desta iniciativa, que medrou o seu orzamento nun 36% desde a súa posta en marcha ata situarse na actualidade en 204.000 euros. Cada concello puido solicitar ata cinco actuacións de teatro e danza entre as dispoñibles no catálogo de +Escénicas, que inclúe máis de 600 propostas, en réxime de cofinanciamento: a Deputación asume o 90% nos concellos de menos de 5.000 habitantes, o 80% nos concellos de entre 5.000 e 10.000, e o 70% nos de entre 10.000 e 20.000 habitantes. As funcións terán lugar ata o 31 de marzo de 2027.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page