top of page

A Deputación de Pontevedra destina 3.000 euros á Asociación Gandeira Rubia Galega

hace 11 horas
2 min de lectura

Esta contía axuda a financiar gastos da XV Feira da Vaca Rubia Galega do país que se celebra en Rodeiro


Laura Moure/Rodeiro

A Deputación de Pontevedra asinou un convenio coa Asociación Gandeira Rubia Galega para reforzar esta raza autóctona, apoiar o desenvolvemento rural e económico da provincia e fortalecer a sostibilidade do sector agrogandeiro. En total, a institución provincial destinou 3.000 euros á asociación para financiar tanto os servizos de xuíz cualificador do gando no concurso da XV Feira da Vaca Rubia Galega do país, como a campaña publicitaria e os premios deste evento que acolleu en outubro a parroquia de Río, en Rodeiro.

Para a Deputación de Pontevedra é fundamental colaborar na recuperación da Feira da Vaca Rubia Galega do país, por constituír un evento estratéxico tanto para o reforzo da presenza e prestixio da raza. Ademais, a feira trátase dunha iniciativa que xera oportunidades de encontro, formación e intercambio entre profesionais do sector, así como promove o desenvolvemento económico local e comarcal, ao atraer visitantes, fomentar o turismo e impulsar a comercialización de produtos derivados da gandería.

 PUBLICIDADE

Por outra banda, contribúe a fixar poboación no rural, protexer o territorio fronte ao abandono e aproveitar de xeito sostible os recursos naturais.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

A Feira da Vaca Rubia Galega do país comezou a celebrarse a finais dos noventa do século pasado e nos primeiros anos deste século no recinto feiral da parroquia de Río, en Rodeiro. En 2024 volveu retomarse para dar resposta á situación crítica que atravesa o sector gandeiro, especialmente no referido á produción de carne de calidade e ao mantemento da raza rubia autóctona galega, e para continuar sendo o punto de encontro de referencia para gandeiros, criadores e público en xeral.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page