A Deputación de Pontevedra avanza na renovación da iluminación exterior de Dozón e Rodeiro
- ecosdacomarca
- hace 10 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Deza
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar o expediente para contratar as obras de renovación de instalacións de iluminación exterior sostible en nove concellos da provincia, unha actuación que conta cun orzamento total de máis de 930.000 euros e que está financiado ao 85% polos fondos Next Generation a través do programa DUS 5000, dividíndose o 15% restante entre a Deputación (8%) e os concellos (7%).

Trátase dunha actuación coa que se estima un aforro enerxético total do 74% e que permitirá cambiar, en total, máis de 1.100 puntos de luz actuais por luminarias LED máis eficientes nos concellos de Cuntis, Dozón, Pontecesures, Ribadumia, Rodeiro, A Cañiza, Cerdedo-Cotobade, Fornelos de Montes e Tomiño, destinando a cada concello entre 45.000 e 240.000 €.
Publicidade
"Queremos, con estas actuacións, contribuír ao desenvolvemento dun novo modelo enerxético para os municipios, mellorando os actuais servizos para a veciñanza e promovendo actuacións de aforro e xestión enerxética eficiente -asegurou o vicepresidente provincial, Rafa Domínguez-. E facelo, como sempre, da man dos concellos da provincia".
Comments