top of page

A Deputación de Pontevedra aproba os proxectos para renovar a iluminación exterior en nove concellos

Trátase dunha actuación financiada na súa maioría pola Unión Europea que permitirá que os concellos da Cañiza, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Dozón, Fornelos de Montes, Pontecesures, Ribadumia, Rodeiro e Tomiño teñan un aforro enerxético do 74%



Ecos da Comarca/Deza

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou os proxectos para que nove concellos da provincia poidan proceder á renovación de instalacións de iluminación exterior sostible, unha actuación que conta cun orzamento total de 930.000 euros e que está financiado ao 85% polos fondos Next Generation a través do programa DUS 5000, dividíndose o 15% restante entre a Deputación (8%) e os concellos (7%). "Queremos, con estas actuacións, contribuír ao desenvolvemento dun novo modelo enerxético para os municipios, mellorando os actuais servizos para a veciñanza e promovendo actuacións de aforro e xestión enerxética eficiente -asegurou o presidente provincial, Luis López-. E facelo, como sempre, da man dos concellos da provincia".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Con estas actuacións estímase un aforro enerxético total para os nove concellos do 74%. En canto ás actuacións concretas, no Concello de Cuntis, cun orzamento de 115.000 €, substituiranse 142 puntos de luz por novas luminarias LED máis eficientes en diferentes rúas e no campo de fútbol da Ran; en Dozón, con preto de 25.000 €, substituiranse 30 luces na zona do Castro; en Pontecesures, con preto de 55.000 €, farase o propio con 42 luminarias da rúa Deputación e o campo Ramón Dieguez e, no caso de Ribadumia, 100.000 € permitirán cambiar 60 puntos de luz no campo de fútbol da Senra.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais, en Rodeiro, cun orzamento de 240.000 €, substituiranse 276 puntos de luz en diferentes lugares do concello; A Cañiza contará con 100.000 € para cambiar 77 luminarias do campo de fútbol de Vieiro, da Casa da Cultura, o cámping e a piscina municipal; Cerdedo-Cotobade, grazas a 160.000 € substituirá 223 puntos de luz en varias zonas do municipio; Fornelos de Montes cun orzamento de 90.000 € mellorará un total de 226 luminarias na parroquia de Calvos, e, por último, Tomiño contará con preto de 45.000  € para substituír 86 puntos de luz nos lugares da Gandariña, Sobrada, O Monte  e A Estrada.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page