top of page

A Deputación aproba novos recursos do Plan +Provincia para Dozón, Mos e Silleda

Luis López: “Avanzamos, unha semana máis, no reparto de fondos do +Provincia, o plan de obras e servizos de competencia municipal máis ambicioso da historia da Deputación”


Ecos da Comarca/Deza

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar novos recursos do Plan +Provincia por valor de preto de 400.000 € para Dozón, Mos e Silleda.  "Avanzamos, –asegurou o presidente provincial Luis López- unha semana máis, no reparto de fondos do +Provincia, o plan de obras e servizos de competencia municipal máis ambicioso da historia da Deputación, que leva distribuídos 44 M€ este ano entre os concellos de menos de 50.000 habitantes".


 PUBLICIDADE


Dozón recibirá preto de 183.000 € a través das liñas 1, de investimentos, e 2, de gasto corrente, do Plan +Provincia. Deste xeito, 78.000 € serán destinados a acometer as obras de urbanización da rúa de acceso ao CEIP Pío Cabanillas Gallas (liña 1) e 104.500 € para gasto corrente como a recollida de lixo e de voluminosos, o mantemento da rede viaria municipal ou servizos de protección de datos, prevención de riscos e xurídicos (liña 2).


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais Mos recibe 107.200 € da liña 1 do Plan +Provincia para a senda peonil en Dornelas, desde o IES de Mos, e Silleda máis de 104.000 euros, tamén da liña 1, para financiar integramente a mellora de cinco vías municipais nas parroquias de Chapa, Escuadro, Moalde, Castro e Laro.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page