A Deputación abre o prazo de presentación de ofertas para executar obras en dúas estradas de Rodeiro
- ecosdacomarca

- hace 8 minutos
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Rodeiro
A Deputación de Pontevedra acaba de abrir o prazo de presentación de ofertas para as obras de mellora da seguridade viaria nas estradas provinciais EP-6201 Rodeiro-Vilela e EP-6202 Rodeiro-Oseira, ao seu paso por Santa María de Río e San Mariño de Asperelo, valoradas en máis de 520.000 €. O prazo permanecerá aberto ata o 28 de xaneiro e a empresa adxudicataria deberá encargarse de renovar a capa de rodaxe e os servizos de ambas vías provinciais para, tal e como subliñou o presidente na presentación da actuación, “dar resposta a unha histórica demanda veciñal á que agora a Deputación atende”, e que entronca co compromiso do goberno provincial de mellorar as infraestruturas que potencian a vertebración do territorio.

Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Ao detalle, tal e como explicou López na visita que realizou a Rodeiro para presentar as obras a desenvolver nestas dúas estradas provinciais, no caso da EP-6201, entre os núcleos de Rodeiro e Santa María de Río, renovarase a capa de rodaxe nun treito de 1,9 quilómetros, ademais de construír unha senda peonil e cunetas de seguridade transitables.
Pola súa banda, na EP-6202, en San Martiño de Asperelo, renovarase o firme nun treito de 320 metros e executaranse cunetas de seguridade e un muro de contención, así como implantaranse redutores de velocidade e renovarase a rede de pluviais.
Publicidade
Dous millóns no último ano
A Deputación de Pontevedra ten un firme compromiso co Concello de Rodeiro e a intervención nestas dúas estradas non é a única iniciativa impulsada polo organismo provincial en materia viaria na vila.
Publicidade
A Deputación ten mobilizados máis 800.000€ nunha decena de actuacións nas estradas que atravesan o concello. En total, o organismo provincial leva mobilizados máis de 2 millóns de euros no último ano para contribuír á transformación e mellora da calidade de vida dos veciños de Rodeiro.








Comentarios