top of page

A corredora de Dozón Tamara García estará afastada da competición porque ten que ser intervida

Ecos da Comarca/Xeral

Esta fin de semana desputouse o Campionato de España de Trail por Federacións en Oviedo, co monte Naranco como protagonista e ata alí foron deportistas do Club Deportivo Biosbardo.


Carla Trillo, de Burela, foi a segunda mellor corredora absoluta da Selección Galega, realizando unha carreira ben xestionada que fixo posible o mellor resultado histórico da selección absoluta, un 9º posto global. A deportista do CD Biosbardo realizou unha competición contra as mellores de España, nun percorrido rápido que non deu chance acadando un meritorio 32º posto na clasificación xeral.

Tamara García.
Tamara García.

"Por outra banda, desde o CD Biosbardo desexamos comunicar a ausencia de Tamara García, que estará 6 meses afastada da competición xa que terá que ser intervida no seu xeonllo dereito, desexándolle unha boa recuperación. Tamara perderase os campionatos de clubs así como tódalas citas importantes da presente tempada polo que o noso apoio cara ela así como dos nosos patrocinadores será o maior posible", destaca o club da corredora de Dozón.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

PAJARIEL TRAIL

Por outro lado, Kenia Estrada proclámouse campioa absoluta do Trail Pajariel, en Ponferrada, unha das probas máis icónicas do bierzo leonés así como do noreste peninsular. Unha proba caracterizada polo gran desnivel que acumula posto que nos seus 30 quilómetros da distancia raíña acumula un total de 2 mil metros de ascenso.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Por último, Verónica Neira (Vila de Cruces) fíxose coa vitoria de categoría Master 2 na clásica Subida a San Cidre, no concello de Toques, unha proba en ascenso constante durante 17 km.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page