A Corporación de Melide asina unha declaración institucional ante a situación do Gadis e do Froiz
- ecosdacomarca

- hace 3 horas
- 1 min de lectura
O alcalde remitiu unha carta a ambas empresas
Ecos da Comarca/Melide
Os catro grupos municipais do Concello de Melide asinan unha declaración institucional ante a situación do persoal dos supermercados Gadis e Froiz da localidade, que están en folga.

PUBLICIDADE
Dende a Corporación municipal fan un chamamento á responsabilidade, ao entendemento e á procura de consensos, convencidos de que a negociación é a vía máis axeitada para resolver as discrepancias existentes e garantir un clima laboral baseado no respecto, na xustiza e na estabilidade. O obxectivo é avanzar cara a un acordo beneficioso para todas as partes.
PUBLICIDADE
Ademais, o alcalde, José Manuel Pérez, remitiu unha carta ás direccións de Gadisa e Froiz na que lles solicita que promovan un proceso de diálogo e negociación real e efectivo coa representación das persoas traballadoras.

NOTICIA RELACIONADA:
A convocatoria de folga no sector da alimentación tamén ten repercusión en supermercados de Melide: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-convocatoria-de-folga-no-sector-da-alimentaci%C3%B3n-tam%C3%A9n-ten-repercusi%C3%B3n-en-supermercados-de-melide








Comentarios