top of page

A cooperativa Golada Copergo reforza o seu compromiso co sector agrario e co rural galego

Conta con nova directiva, encabezada na súa presidencia por José Ángel Oro Trastoy


Ecos da Comarca/Agolada

Golada Copergo Sociedade Cooperativa continúa consolidándose como un referente de servizo e apoio ao sector agrícola e gandeiro da comarca, mantendo o seu compromiso histórico cos socios e socias da entidade e coa dinamización do medio rural. Onte acolleu unha xornada de portas abertas para dar a coñecer as súas instalacións e funcionamento.

A cooperativa desenvolve unha actividade orientada principalmente ao subministro de produtos e servizos vinculados á actividade agraria e gandeira, ofrecendo aos seus socios e clientes unha ampla variedade de artigos, entre os que se inclúen pensos, subministracións agrícolas, plantel da horta, repostos e materiais relacionados coa maquinaria agrícola, así como outros produtos necesarios para o desenvolvemento da actividade no rural.


A entidade mantén ademais un servizo de atención e proximidade fundamental para a veciñanza e para as explotacións da zona, contribuíndo á continuidade da actividade económica e social no territorio.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

O proxecto impulsado pola nova directiva da cooperativa, encabezada na súa presidencia por José Ángel Oro Trastoy, céntrase nun proceso de reorganización e modernización da xestión, orientado a reforzar os mecanismos de control, garantir a sustentabilidade económica da entidade e asegurar a continuidade do proxecto cooperativo de cara ao futuro.


Ao mesmo tempo, a cooperativa mantén viva a motivación e a responsabilidade de continuar co proxecto iniciado polos gandeiros e gandeiras de Agolada que, con esforzo e compromiso colectivo, fundaron esta entidade e fixeron dela un punto de apoio fundamental para o rural da comarca. Moitos deles atópanse hoxe xubilados, pero o seu exemplo segue presente en quen continúa traballando para manter aberta a cooperativa e seguir prestando servizo, aínda que sexa a menor escala.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Desde Golada Copergo Sociedade Cooperativa considérase fundamental preservar ese legado e transmitir ás novas xeracións os valores de esforzo, colaboración e compromiso co territorio que inspiraron aos seus fundadores, convencidos de que da súa experiencia e traxectoria aínda queda moito por aprender. Desde a entidade reafírmase a vontade de seguir defendendo os valores do cooperativismo e apoiando o desenvolvemento do rural galego.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page