A conselleira do Medio Rural visitou a comunidade de montes de Brocos en Agolada con motivo dos lumes
- ecosdacomarca

- hace 4 minutos
- 3 Min. de lectura
Sinala que nesta zona están a acometerse rozas, traballos de restauración de preto de 500 metros de zonas cortalumes e en algo máis de dous quilómetros de estendido de terras, e tamén se están reparando os accesos
Ecos da Comarca/Agolada
A Consellería do Medio Rural está a desenvolver xa a actuacións para recuperar as zonas afectadas polos incendios forestais deste verán. A titular deste departamento, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, e a directora de Seaga, Luisa Piñeiro, visitou onte unha zona da comunidade de montes de Brocos, no concello de Agolada, onde se produciu un destes lumes.

Gómez explicou que nesta zona están a desenvolverse obras de reparación de vías e áreas devasa. Os traballos realízanse a través da empresa pública Seaga e, en concreto,
están a acometerse rozas en máis de 26 quilómetros de faixas forestais, traballos de restauración de preto de 500 metros de zonas cortalumes e en algo máis de dous
quilómetros de estendido de terras. Así mesmo, están reparándose os accesos en máis de
29 quilómetros.
Todas estas accións van encamiñadas a recuperar as infraestruturas rurais danadas polos incendios, co fin de mantelas operativas e en boas condicións. Así mesmo, en toda a provincia de Pontevedra tamén se están levando a cabo outras actuacións enfocadas á
rehabilitación de accesos nas zonas dos lumes e á mellora de drenaxes. Estase conseguindo mediante a recuperación de cunetas e das canalizacións para unha correcta
evacuación da auga, evitando danos estruturais nas pistas. Xa se actuou en máis de 100
quilómetros de pistas en toda a provincia e o obxectivo é seguir traballando nesta liña.
A prevención de incendios como prioridade
Publicidade
Nesta sentido, lembrou que a prevención e extinción dos lumes" é unha das prioridades para o Goberno autonómico, unha eido no que se mellora ano tras ano e no que Galicia
está a consolidada como unha referencia a nivel internacional. Este compromiso reflíctese
nos orzamentos, que no ano 2026 ascenden a 75,38 millóns de euros para prevención, un
50 % máis con respecto ao presente 2025- e 40,6 millóns restantes a extinción".
A conselleira sinalou que, "a pesar de que a maior parte das accións preventivas, sobre
todo a xestión da biomasa, corresponden aos propietarios, ao monte e aos concellos; a Xunta de Galicia fai todos os anos un importante esforzo nas actuacións propias como xestión de cortalumes, pistas forestais ou puntos de auga".
Publicidade
Reforzo do convenio da xestión da biomasa
Asemade, recordou que a responsabilidade de manter as faixas secundarias limpas é de propietarios en primeira instancia e, se estes non cumpren coas súas obrigas, os responsables son os Concellos, que deberán facelo de xeito subsidiario, como recolle a normativa. Nun contexto destas características, co fin de apoiar ás Administracións locais
nesta tarefa, a Consellería do Medio Rural puxo en marcha o convenio con Seaga e a
Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).
Gómez sinalou que está a pecharse unha nova colaboración nesta materia con melloras
como o aumento de orzamento, que se duplica no 2026 ata chegar aos 25 millóns de
euros; o incremento das parroquias priorizadas, a axilización das execucións subsidiarias
urxentes nas zonas de maior risco de incendio e afondando no apoio prestado aos
municipios de menos de 10.000 habitantes.








Comentarios