top of page

A conselleira de Medio Rural visitou a explotación Casa Farruquiño en Lalín

hace 18 horas
2 min de lectura

Esta explotación participa no proxecto Interreg Greenlow Pecuaria, que ten como obxectivo coñecer mellor os factores que inflúen nas emisións de metano e contribuír a mellorar a súa eficiencia e sustentabilidade


Ecos da Comarca/Lalín

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reafirmou onte a aposta da Xunta de Galicia pola sustentabilidade económica e ambiental do sector lácteo a través da investigación aplicada e da transferencia de coñecementos. Foi na súa visita á explotación Casa Farruquiño, situada en Lalín, que participa no proxecto Interreg Greenlow Pecuaria e na que estivo acompañada polo alcalde da localidade, José Crespo.


Esta iniciativa desenvólvese actualmente en Galicia e o Norte de Portugal e ten como obxectivo coñecer mellor os factores que inflúen nas emisións de metano das explotacións

e contribuír a mellorar a eficiencia e a sustentabilidade da gandaría nestes territorios.



 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A conselleira valorou “o máximo interese” do proxecto, tanto para os investigadores como, sobre todo, para os gandeiros, xa que lles vai permitir mellorar en eidos como a alimentación ou o manexo das reses. Xa que logo, engadiu Gómez, mellorará a xestión

das explotacións e, como consecuencia, tamén a calidade do produto, no contexto da

Galicia Calidade que “xa nos define”, remarcou.


Liderado de Lalín en explotacións lácteas

A titular de Medio Rural salientou ademais a oportunidade de coñecer as últimas novidades sobre este proxecto nun concello como o de Lalín, que lidera o sector leiteiro

galego en número de explotacións, con 256 rexistradas segundo datos de 2025. Ao tempo,

destacou que a través desta iniciativa xa se completaron máis do 80 % das medicións

previstas en Galicia, xerando un importante volume de información, con arredor de 200

millóns de datos. Agora, explicou, cómpre procesalos, de forma que se trata de revisalos,

depuralos e sincronizalos para poder relacionar as medicións de metano coa alimentación,

o consumo e a produción.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

A Consellería participa en Greenlow Pecuaria xunto con outros socios, entres eles a

Universidade de Santiago, a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) e diversas entidades portuguesas. Nesta visita, a conselleira quixo recoñecer a súa participación no proxecto, “agardando que se complete o traballo e que sexa útil para

consolidar a posición de liderado de Galicia no sector lácteo nacional e o seu lugar destacado no ámbito europeo”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page