A conselleira Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Dozón
- ecosdacomarca

- hace 7 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Dozón

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo este venres na sede da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra unha reunión de traballo co alcalde de Dozón, Adolfo Campos.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Nesta reunión, á que tamén asistiu o director territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas en Pontevedra, José Manuel González, a conselleira e o rexedor abordaron de xeito especial actuacións en materia de vivenda, así como de Infraestruturas, de interese para este municipio pontevedrés.
Publicidade
M. Allegue subliñou o compromiso do Goberno galego para colaborar cos concellos e impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a reforzar a competitividade económica, fixando tamén poboación no rural.







Comentarios