A concelleira de Sanidade de Rodeiro lamenta a situación que están a padecer os doentes de Camba
- ecosdacomarca

- 12 jun 2025
- 2 min de lectura
Xulia Dacal enviou onte unha solicitude de reunión urxente á Consellería de Sanidade debido a actual situación sanitaria deficiente que padece este municipio
Ecos da Comarca/Rodeiro
A concelleira de Sanidade de Rodeiro, Xulia Dacal, enviou onte unha solicitude de reunión urxente a Consellería de Sanidade debido a actual situación sanitaria que están a padecer os doentes de Rodeiro, "que lonxe de mellorar, estase a agravar durante a presente semana", sinala.

"Se os veciños de Rodeiro xa están acostumados a un mal funcionamento da sanidade local esta semana pódese cualificar como grave neglixencia por parte da Consellería de Sanidade ao ter o centro médico de Rodeiro numerosas horas de numerosos días sen médicos de cabeceira. Isto a maiores de aconcontecer durante o mércores, xoves e venres desta semana xa é algo habitual xa que ven sucedendo en numerosas ocasións", indican dende o Concello.
A maiores da falta de sustitución do persoal médico, Xulia Dacal, tamén lle trasladará as numerosas queixas que está a recibir, por parte dos veciños de Rodeiro, polo deficiente servizo sanitario que están a recibir:
"A aplicación de reservas de cita medicas online, ESAUDE, leva meses sen funcionar para a solicitude de consulta dunha das facultativas.
Moitos pacientes, varios con urxencias, quéixanse da dificultade para contactar co centro médico de Rodeiro, doentes que chaman varias veces e ninguén lles colle o teléfono.
Publicidade
Pais e nais que senten como o servizo de pediatría está practicamente eliminado no noso Concello, que teñen que ir a Lalín, onde se atopan, moitas veces, con que tampouco hai pediatra que poida atender os nenos e doutores superados pola gran carga de traballo de ter que atender a numerosos nenos".
Por iso, dende esta Concellería, recalcan que "é urxente que a Consellaría de Sanidade se faga cargo da situación e comece a dar o servizo sanitario ao que os veciños de Rodeiro temos dereito".







Comentarios