top of page

A concelleira de Sanidade de Rodeiro lamenta a situación que están a padecer os doentes de Camba

Xulia Dacal enviou onte unha solicitude de reunión urxente á Consellería de Sanidade debido a actual situación sanitaria deficiente que padece este municipio


Ecos da Comarca/Rodeiro

A concelleira de Sanidade de Rodeiro, Xulia Dacal, enviou onte unha solicitude de reunión urxente a Consellería de Sanidade debido a actual situación sanitaria que están a padecer os doentes de Rodeiro, "que lonxe de mellorar, estase a agravar durante a presente semana", sinala.

"Se os veciños de Rodeiro xa están acostumados a un mal funcionamento da sanidade local esta semana pódese cualificar como grave neglixencia por parte da Consellería de Sanidade ao ter o centro médico de Rodeiro numerosas horas de numerosos días sen médicos de cabeceira. Isto a maiores de aconcontecer durante o mércores, xoves e venres desta semana xa é algo habitual xa que ven sucedendo en numerosas ocasións", indican dende o Concello.


A maiores da falta de sustitución do persoal médico, Xulia Dacal, tamén lle trasladará as numerosas queixas que está a recibir, por parte dos veciños de Rodeiro, polo deficiente servizo sanitario que están a recibir:


  • "A aplicación de reservas de cita medicas online, ESAUDE, leva meses sen funcionar para a solicitude de consulta dunha das facultativas.

  • Moitos pacientes, varios con urxencias, quéixanse da dificultade para contactar co centro médico de Rodeiro, doentes que chaman varias veces e ninguén lles colle o teléfono.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.
  • Pais e nais que senten como o servizo de pediatría está practicamente eliminado no noso Concello, que teñen que ir a Lalín, onde se atopan, moitas veces, con que tampouco hai pediatra que poida atender os nenos e doutores superados pola gran carga de traballo de ter que atender a numerosos nenos".


Por iso, dende esta Concellería, recalcan que "é urxente que a Consellaría de Sanidade se faga cargo da situación e comece a dar o servizo sanitario ao que os veciños de Rodeiro temos dereito".






Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page