top of page

A comunidade venezolana de Melide impulsa unha recollida solidaria de material para enviar a Venezuela

Recóllense distintos artigos hoxe e mañá para ser enviados o luns


Ecos da Comarca/Melide

A comunidade venezolana residente en Melide puxo en marcha unha campaña solidaria de recollida de material de primeira necesidade para enviar a Venezuela, co obxectivo de apoiar ás persoas que atravesan situacións de vulnerabilidade tras os terremotos dos últimos días.

A iniciativa desenvolverase unicamente durante a xornada deste sábado 27 de xuño e do domingo 28 de xuño. Todo o material recollido será enviado o luns 29 de xuño nunha furgoneta alugada para facilitar o seu transporte.


Entre os produtos que se solicitan atópanse insumos médicos, cueiros para todas as idades, compresas, toallas sanitarias, toalliñas húmidas, alimentos non perecedoiros, conservas e cereais.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Desde a organización fan un chamamento á solidariedade da veciñanza e lembran a importancia de empaquetar as doazóns do xeito máis compacto posible, co fin de optimizar o espazo durante a loxística do envío.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

Baixo a lema "A túa axuda cruza o Atlántico. Melide con Venezuela", a comunidade venezolana anima á cidadanía a colaborar con esta acción solidaria para facer chegar axuda ás persoas que máis o precisan.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page