top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A chuvia, o vento e a neve deixan preto de 400 incidencias rexistradas no 112 Galicia

Nas comarcas destacan catro producidas en Melide


Ecos da Comarca/Xeral

A chuvia, o vento e a neve deixan preto de 400 incidencias rexistradas no 112 Galicia. En total, desde as 9:00 horas do día de onte, 27 de marzo ata as 18:00 horas do día de hoxe, 28 de marzo, o 112 Galicia rexistrou un total de 391 incidencias relacionadas cos episodios meteorolóxicos adversos que afectan á nosa comunidade.


A caída de árbores e pólas nas estradas segue a ser a tipoloxía máis repetida (156),  destacamos a intervención dos servizos de emerxencias (58) por prevención de riscos, as relacionadas coa caída de obxectos varios nas estradas (34) e, entre outras, as contabilizadas por mor dos cables de alumeado e de telefonía caído nas vías (29).  


Ademais, engadimos á clasificación de tipoloxías as relacionadas coa presenza de neve e xeo nas estradas (22). A maior parte destes incidentes debeuse ao aviso de particulares que informaban ao 112 de presenza de neve na estrada pola que circulaban.

Por provincias, sen dúbida, a peor parte levouna a de Pontevedra (163), seguida a da Coruña (115), a de Lugo con (65) e a de Ourense con (40) incidentes rexistrados, as (8) restantes correspóndense a outras comunidades.


En canto aos concellos mais afectados destacamos o de Vigo (16) e o da Cañiza (15) na provincia de Pontevedra, o concello de Santiago (7) e o de Melide (4), na de Lugo, sinalamos o concello de Lugo con (10), o de Pedrafita do Cebreiro con (6), o de Folgoso do Courel con (4) e o de Becerreá con (5), por último, na provincia de Ourense destaca o concello de Boborás con (4) incidentes e o de Ribadavia con (3) incidencias rexistradas.


Publicidade

Cómpre sinalar que, por fortuna, ningunha das incidencias rexistradas no 112 Galicia revestiu gravidade. Con todo, é necesario recordar que segue activa unha alerta meteorolóxica de nivel laranxa (risco importante) por costeiros, que afecta a todo o litoral galego. Ademais, ata as últimas horas desta tarde, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) mantén activo un aviso de nivel amarelo por chuvias no Interior da provincia de Pontevedra e no Sur da provincia de Ourense.


Pregamos, polo tanto, seguir atentamente os consellos de auto protección, co fin de evitar calquera situación de risco.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page