top of page

A Central Agropecuaria de Galicia de Silleda rexistrou onte o seu maior prezo medio na categoría de vacún

Ecos da Comarca/Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA de Silleda rexistrou onte o seu maior prezo medio na categoría de vacún maior, con 2.485,49€ (ata hoxe o máximo estaba nos 2.482,30€ do pasado 9 de decembro). Unha cotización media histórica que se reflectiu nas transaccións desta categoría, as cales foron as segunda máis altas en vacún maior na historia do mercado, con 1.019.049€ (a maior facturación está no 1.030.450€ do 17 de xuño do ano pasado).

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Por outra banda, na categoría de becerros carniceiros, as transaccións foron as segundas máis altas, con 454.783€ (as máximas están nos 518.504€ do pasado 16 de decembro).

En canto ás transaccións totais da sesión, foron de 1.920.495€, as terceiras máis altas tras os 2.047.054€ do pasado 16 de decembro e o 1.952.514€ do 17 de xuño de 2025.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

COTIZACIÓNS, MARTES 20 XANEIRO 2026:


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page